GIF

GIF

martes, 22 de abril de 2014

FESTA DA SEMENTEIRA EN MATAMÁ

O sábado 26 de Abril e Domingo 27, celebrarase nos arredores do muíño da Regueira(Matamá-Vigo) unha nova edición da Festa da Sementeira do Millo.
Tamén terá lugar a celebración das Ollimpiadas do Campo(para anotarse http://olimpiadasdocampo.blogspot.com.es/p/edicion-2014.html).
   Pero haberá unha novidade, xa que inauguraranse as olimpiadas e a festa, co encendido do lume Olímpico(16:00H.). 
Antes(de 15:00H. a 16:00H.) o facho fará cun percorrido polas rúas de Matamá, así que convidamos aos que queiran facer un tramiño con el, que se poñan en contacto con nós o antes que poidan(colectivomalaherba@gmail.com). Ámenizará a tarde coa súa batukada o grupo SANAMÁ.
O sábado a partir das 21 H: aprox. poderemos desfrutar do humor de Sergio Pazos, e dos concertos de Zurrumalla e Sacha na Horta.
O domingo, pola mañá toca lambranza. As 10:30 dous carros de bois acompañados  dos grupos  folclóricos  "Escornabois"e  "S.C.R.D.Nautilus", sairán dos torreiros de Matamá e san Andrés de Comesaña para chegar pouco tempo despois ao Campo que van labrar , á beira do muíño da Regueira. Onde se fará una demostración dunha feira tradicional e posteriormente a labranza.
Ás 14:00 H., será o xantar Popular(carne caldeiro + vaso de viño/auga 8 euros, necesaria reserva).
Ás 16:00H. chegará á Festa o  grupo "Sete Cuncas" e os seus CABEZUDOS; e as 17:00 H. sementarase o MILLO.
            Durante os dous días haberá diferentes actividades. haberá obradoiros/mostras de artesáns. ademáis dos máis de 30 postos de artesáns que se agarda, ofrezan os seus productos no mercado da Festa da Sementeira.   O domingo visitaranos cos seus cans membros do clube can de palleiro . E ademáis, quen queira, poderá ver en funcionamento, o muiño da Regueira. Todo isto e máis, o sábado 26 e domingo 27 de Abril no muíño da Regueira(Matamá_Vigo).
Pregase difusión!!
Apertas!!

PINCHAR NA FOTO PARA VER A NOSA EXPERIENCIA ANOS ANTERIORES.
 
http://cousasdepequenosmaiores.blogspot.com.es/2013/03/visita-muinos-da-regueira.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario