GIF

GIF

mércores, 2 de abril de 2014

MANS LIMPAS

GRAZAS A MARIANO, O PAPÁ DE NOA, PUIDEMOS CONTINUAR FACENDO UNS INTERESANTES EXPERIMENTOS QUE SEGURO NOS SON DE GRANDE AXUDA.
LEIRE P. PASOU O SEU DEDO ÍNDICE POLO CHAN E MARCOU A SÚA PEGADA NUNHA PLACA PETRI QUE CONTIÑA AGAR TRIPTONA SOYA(TSA).
DESEGUIDO LAVOU AS MANS ELA SOA E SEN EMPREGAR XABRÓN  VOLVEU  FACER O MESMO, E POR ÚLTIMO LAVOU A MAN CON AXUDA E XABRÓN. PECHAMOS A PLACA E ESPERAREMOS UNS DÍAS PARA VER QUE SUCEDE.




A NOSA COMPAÑEIRA DARI FIXO ALGO PARECIDO, PERO EN LUGAR DE PASAR A MAN POLO CHAN, A PASOU POLA MESA ONDE TRABALLAMOS.



NESTA OCASIÓN EMPREGAMOS UNHA PLACA PETRI QUE CONTÉN  AGAR SABOURAUD.

ESTAMOS IMPACIENTES POR SABER QUE VAI A PASAR!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario