GIF

GIF

xoves, 8 de marzo de 2018

COÑECEMOS AS ARTES DE PESCA

Onte tocounos a Mouchos e Peixiños ir a coñecer un pouquiño máis sobre o noso mar. Esta vez o destino foi o Porto, onde coñecemos diferentes artes de pesca.

Alí recibiunos Manolo, o Patrón Maior, o cal lle estamos enormemente agradecidos.
Ensinounos diferentes instrumentos para a pesca, como a Nasa, ca cal pescou algún peixe e cangrexos. Algúns tivemos algo de medo  porque corrian moito, pero os máis atrevidos foron capaces de collelos.











Manolo ensinounos tamén o trasmallo, que serve para pescar xibias. Quixemos ver como quedaban atrapadas e metemos e man a ver que pasaba!



Tamén vimos a Rañeira e unha criba, encantounos ver ese "rastrillo" tan grande.



 Vimos tamén o traxe que utilizan as mariscadoras!


E unha pesa enorme, na que quixemos ver canto pesábamos todos os mouchiños xuntos!
Adivinade canto pesamos?        300.5 kilos!!!!! 



Aínda que o tempo non nos acompañou moitom pasámolo moi ben!!!

 Esperamos ansiosos a próxima saída!!!!!!




2 comentarios: