GIF

GIF

xoves, 21 de decembro de 2017

Nadal 2017

Hoxe foi un día moi especial para os mouchos.O noso primeiro nadal no cole de maiores.
Ensaiamos moitísimo para que as actuacións saíran tan ben como o fixeron, vestidos/as de auténticos bonecos de neve actuamos como verdadeiros artistas enriba do escenario.
  




Despois da actuación tocou photocall navideño.








Tamén tivemos a visita dos paxes reais aos que lles entregamos as nosas cartas.












E por último...merendola co resto de compis de infantil.







Pasade unhas estupendas vacacións e felices festas a tod@s!!! vémonos o ano que ven.
Nos próximos días estará dispoñible o video das actuacións.


martes, 19 de decembro de 2017

Aniversarios Decembro

Hoxe os pequenos da clase dos mouchos estaban de parabéns,celebramos o seu terceiro aniversario cantando e comendo unha riquísima torta con lacasitos e uns zumes.



Parabéns pequerrechos!!!

Visita do apalpador

Unai,da clase dos peixiños, chegou o cole moi ben acompañado polo seu amigo apalpador.Na nosa clase poucos o coñecíamos, así que Xabi ofreceuse para contarnos quen era esa personaxe que vai polas casas dos nenos/as galegos no Nadal levando castañas e xoguetes de madeira.Aproveitamos a ocasión para contar o conto e aprender un pouco máis sobre el.