GIF

GIF

mércores, 30 de outubro de 2019

Samaín 2019

Hoxe o noso cole apareceu cheíño de cabazas arrepiantes de tódolos tamaños formas e cores.O samaín está moi cerca!
Fomos ata o cole de maiores para velas toda




Nós tamén trouxemos alguna delas da casa e lles contamos aos compas como as fixemos e quen nos axudou.
Canto traballamos!

Visita de Phileas Fogg

Este curso o proxecto anual de centro titúlase "Máis cine, por favor!" nel traballarase a literatura levada ao cine e o alumnado de educación infantil decidimos traballar a obra "a volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne. Grazas a ela, ademáis de coñecer novos lugares, afianzar contidos... coñeceremos máis de preto a nosa cidade posto que no caso dos nenos/as de 3 anos partiremos da nosa contorna máis próxima.

Pois hoxe chegado directamente dende Londres visitounos o protagonista desta historia, Phileas Fogg, acompañado de varios dos seus amigos. Contounos que quere dar a volta ao mundo empregando diferentes medios de transporte e que o fará en só 80 días. O conseguirá?






Ademáis deixounos unha misión, localizar os monumentos e lugares máis significativos dos sitios que vai a coñecer na nosa cidade. Teremos na Coruña un Big Ben parecido ao de Londres? Nós Comezamos tamén esta fascinante viaxe!




E para saber que é o mundo e como sería darlle a volta, que mellor que velo directamente?

-Parece una bola de discoteca. (Martina)
-Yo tengo una así en mi casa (Kilian)
-Es como una pelota. (Nacho)
-Es la bola del mundo (Martina)
Tardará Phileas tan pouco tempo coma nós en dar esa Volta?



martes, 29 de outubro de 2019

Inventamos monstruos

No desdobre de hoxe, inventamos uns monstruos moi simpáticos. Eleximos a forma que queríamos para o corpo e a  boca, cantos ollos, pelos, pernas e brazos terían e o montamos cada un como o imaxinaba. O resultado foi moitísimo mellor do esperado e é que estamos feitos uns artistas!




venres, 25 de outubro de 2019

Monstruos de samain

Achégase a data de celebrar o día das bruxas, pantasmas e vampiros e no cole fixemos uns terroríficos monstruos empregando a técnica do sorpido.



Que difícil!


De que cor son as follas?

Hoxe Manchitas, chegou coa súa caixa chea de follas (outra vez) pero ademáis traía unha dúbida. De que cor son as follas?
Enseguida lle contestamos.

-pueden ser rosas(Martina).
-Azules (Vega)
-Marrones en otoño(Yanira)
-Verdes (Juan)
-También rojas (Noa)
-Amarillas(Xoel)

Pero Manchitas non tiña follas de todas esas cores que lle dixemos así que saímos ao patio a buscalas e ver se atopábamos algunha diferente.



Unha vez na clase as Clasificamos por cores.

Porque son de diferentes cores?
-Porque estamos en otoño(Kilian)
-Hay muchos colores(Ainara)
-Nos falta azul (Thais)

Cambian de cor as follas?
-Si,cuando se secan (Yanira).
-Y se caen (Martina)


Que pasará si as troceamos, as machacamos e as metemos nun bote con alcohol?
-Se van a derretir.
-nos las comemos (Juan)
-noo, el alcohol es para las heridas (Martina).
-no se come (Xoel).
-va a salir un naranja(Ainara)
-vaca (Jericó)
- una mandarina (sofía)
-Desaparecen (Noa)
-se derriten (Enzo)
-calabaza (Javi)

Ulimos o alcohol.

-Huele a colonia (Martina)
-huele a crema (Nacho)

Procedemos.


Pasado un rato... (van a miudo a comprobar que pasa) 
-va a salir un pulpo! (Nacho) 
-Se están derritiendo (Juan) 
-se escapa el color (Martina) 

 Que pasará? O luns o comprobaremos. 

xoves, 24 de outubro de 2019

A nosa inicial

Ao longo das semanas non só traballamos nos recantos, senón que tamén temos momentos de traballo de mesa individual onde exercitamos a motricidade fina,o agarre do lápis, a atención, aprendemos a estar en silencio para non molestar aos compañeiros/as,a sentarnos correctamente, a recoller e ordenar os materiais, a esperar... Esta semana, na sesión de desdobre coñecemos un material novo, o punzón ;co que hai que ter moitísimo coidado para non picarnos nin a nós nin aos nosos compas. Con el picamos a inicial do noso nome, cada vez a coñecemos máis e a a topamos en máis sitios.

Non é nada doado picar xuntiño e sen sairse da raia, hai que estar moi concentrados!


Unha vez picada a convertemos no noso corpo e só quedaba completalo con brazos, mans, pernas e pés. Pouco a pouco imos perfeccionando o debuxo do esquema corporal.


Día das bibliotecas

Hoxe, no día das bibliotecas, Toc-Tina e os seus axudantes convidáronnos á visitar a Biblioteca onde nos contaron todo o que podemos facer nela. Mirar e coller contos, xogar coas tablets e diversos xogos de mesa, lóxica... , coller e ver películas e un montón de cousas interesantes.

Ademáis, fixéronnos entrega das mochilas que a partir de hoxe comenzarán a viaxar polas casas. Dentro delas levan todas as instruccións e prazos de entrega, a disfrútalas!

Moitas Grazas Toc Tina  e axudantes! 

mércores, 23 de outubro de 2019

Día internacional da non violencia

O pasado día 2 de Outubro elexíuse como día internacional da non violencia e o noso cole uníuse ás distintas actividades que dende esa data se están levando a cabo.


Hoxe, saímos ao patio a facer xunto cos compañeiros de infantil e primaria o círculo humano da paz, onde estaba representada, a través das distintas cores da nosa vestimenta, a diversidade do planeta.



Despois de escoitar o manifiesto cantamos xuntos a canción.


luns, 21 de outubro de 2019

Series e números terroríficos

Esta semana, no recato de lóxica temos dúas novas proposta de actividades.

Facer series de dous elementos (algún/a nos atrevemos ata con 3)




E contar ata 10 dunha maneira diferente. Por quendas íamos tirando o dado e poñendo tantos aneis como puntos nos indicaba. "Gañaba" o primeiro en completar as dúas mans.


venres, 18 de outubro de 2019

Descubrimos e describimos

Nas nosas sesións para aprender a pensar estamos a traballar os diferentes sentidos para describir obxectos.



Neste caso seguimos co outono.
A través do conto "siete ratones ciegos" descubrimos que non só se poden ver as cousas cos ollos, senón qué tamén coas mans podemos adiviñar de que cousa se trata. O do adiviñar a cor xa e outro cantar.





Non se nos da nada mal!

Ademáis, Manchitas nos trouxo unha cousa moooi rara!
-Parece una berenjena o un buho (Martina) 
-una manzana (Yanira)
-Es un plátano (Nacho)
-Una mandarina (Thais, Azahara, Juan)
- Una cebolla (Noa) 
- Una calabaza (Enzo) 
-Un elefante (Xoel) 
-un bolso (Kilian) 
-Un cocodrilo o una cabeza(Juan) 


Despois, con todas estas cousas do outono fixemos un bodegón e o debuxamos como grandes artistas que somos. 




E por último identificamos e relacionamos cada cousa co seu nome e imaxe.




Conceptos básicos

Seguimos avanzando e traballando conceptos básicos con actividades manipulativas.

Cores.



Cuantificadores. Moitos/pouco. Ningún.



Arriba/abaixo. 



Dentro/fóra. 







Longo/curto ou alto/baixo facendo torres cos policubos. 


Exercitamos a lóxica buscando parellas de figura e sombra. 


E imaxinamos construccións e torres con materiais diversos. Menudo equilibrio! 





Tamén temos tempo para xogar na PDI e aprender a esperar a nosa quenda. 



E para coñecer e diferenciar as iniciais dos nosos nomes.