GIF

GIF

venres, 20 de decembro de 2019

Bo nadal!

Con este photocall navideño vos desexamos a todos/as unhas felices festas e un próspero ano novo! Vémonos á volta coas pilas cargadas e novas ilusións.







Ademais para comenzar as vacacións con bó pé celebramos unha super merendola conxunta con tódolos compas de infantil. Moitas Grazas ás familias pola colaboración.






Felices festas! Vémonos o mércores 8 de xaneiro 🎄🎅🤶⛄👑👑👑

xoves, 19 de decembro de 2019

Visita do cartero real

Menuda sorpresa levamos hoxe cando vimos que onde a árbore de nadal que decoramos o outro día coas bolas do mundo, había un trono real. Quen viría a visitarnos?
Pronto saímos de dúbidas. O cartero real chegou dende ben lonxe para recoller as nosas cartas cheiñas de desexos.



 Non nos puidemos resistir a comer os caramelos que nos deu.



mércores, 18 de decembro de 2019

Padriños e madriñas lectores

Comezamos a semana coñecendo aos nosos padriños e madriñas lectores. Os nenos e nenas de 2°B, que viñeron a xogar con nós nos recantos.

 Dende ese día non deixábamos de preguntar cando viñan os nosos irmáns maiores 🤦🏻‍♀️

E hoxe grazas a Toc-Tina e ao seu equipo tivemos unha xornada de lectura con ele/as na que o pasamos en grande.












Ademais nos agasallaron cuns marcapáxinas moi chulos. 
Moitas Grazas compis! 

Copito o noso Pingüín apadriñado

Onte, na clase dos erizos, comprometémonos a coidar un pouquiño máis o medio ambiente e o noso planeta. Para elo apadriñamos un Pingüín da Antártida ao que lle puxemos de nome Copito. Queremos que tanto él como os seus amigos/as e familia vivan tranquilos e durante mooooitos anos no seu continente e que a contaminación e os malos hábitos das persoas non destrúan o seu hábitat.

Tan contentos/as nos puxemos ao coñecer a Copito que lle quixemos facer un retrato. 
Que guapo nos saíu!Teremos que seguir aprendendo moitas cousas de Copito e os Pingüíns.

Se queredes apadriñar vos deixo os enlaces, é totalmente gratuito. 



martes, 17 de decembro de 2019

Phileas Fogg visita París

Hoxe recibimos unha nova carta de Phileas Fogg, xa había tempo que non tiñamos noticias súas e nos fixo moita ilusión.
Era un sobre moi grande e pesaba bastante. 
Dentro había varias cousas, unha carta onde nos contaba onde estaba agora. 

E un montón de anacos de algo que enseguida recoñecemos! Eran un quebracabezas do Big Ben e outro dunha nova torre, esta vez sen reloxo na parte de arriba pero igual ou incluso máis alta aínda. A torre Eiffel, esta nos é moito máis familiar posto que en varios dos debuxos animados que coñecemos aparece e non hai moito Javi, trouxo unha figura dela á clase. Como os nosos compis de 4 anos tiñan unha na súa aula a puidemos ver en 3D qué rara é! 
P
Puxémonos a ordenar as pezas e resolvemos o problema.

 Xa forman parte do noso recanto de construccións.

Cal será a nova misión que nos mandará Phileas Fogg? 

Aniversario de Noa

Xa estamos todos/as no clube dos 3 anos!
Hoxe Noa celebrou o seu aniversario con nós e nos convidou a uns caramelos. Agora a polos catro!
Parabéns pequerrecha 🥳🥳🥳

luns, 16 de decembro de 2019

Decoración de nadal

Xa temos todo listo para celebrar a última semana do trimestre en condicións.

Decoramos o hall de infantil cunhas árbores moi orixinais que xunto cos traballiños do resto de compas lle dan un ambiente do máis navideño.


Ademais entre todos/as fixemos unha árbore cooperativa pintando cadrados de diferentes cores.

Por último, decoramos a árbore do edificio de primaria cunhas bolas relacionadas coa temática do proxecto de centro 





 Unhas bolas do mundo súper chulas.


Recordade que para o venres temos que traer algún doce típico do nadal para celebrar a merendola compartida co resto de compañeiros de infantil. Non moita cantidade.


venres, 13 de decembro de 2019

Recta numérica

Menudo lío que tiñamos montado hoxe na clase. Números por todas partes e ainda por riba todos desordenados. Menos mal que axudamos á profe a poñelos cada un no seu lugar.

Primeiro buscamos o número e a parte da alfombra onde encaixaba.




Despois ordenamos os números do 1 ao 10



E por último... Saltamos de número en número contando ata o 10. Algún quixemos ir taaan rápido que se nos esqueceron varios números polo camiño pero seguro que coa práctica pronto os recordamos.
A saltar!