GIF

GIF

venres, 19 de xuño de 2020

Despedida de curso 2019/2020

Despedida dun curso raro, especial, diferente. Hoxe tiña que ser un día cargado de emocións, risas, choros, despedidas e sobretodo de moita celebración, e pola contra... Silencio, aulas baleiras, patios desertos... Disfrutade moito das máis que merecidas vacacións e preparádevos xa que á volta vos estaremos esperando, no mesmo sitio e á mesma hora de sempre, cos brazos abertos para darvos a máis grande das apertas e o máis sonoro dos bicos (se nos deixan) xa vos botamos de menos! E para que este parón non se faga tan amargo... aquí vos deixamos un novo vídeo, que poderedes ver tamén a través da páxina web do cole, esperamos que vos guste. Bicos a moreas meus "Erizos" 🦔.
Pinchade no seguinte enlace
Video de despedida


Encantounos poder ver as vosas caras aínda que fora a través dunha pantalla.

luns, 15 de xuño de 2020

Actividades propostas do 15 ao 19 de xuño




Enlace castelán
Enlace galego

Semana de despedida deste curso tan raro. Recordade que o venres temos unha videochamada cos peques para vernos e  despedirnos. Tedes o enlace no voso correo.



domingo, 14 de xuño de 2020

venres, 12 de xuño de 2020

Yo soy

Después de la historia contada por la niña con los pájaros en la cabeza de "yo voy conmigo", llega Martín para darnos su versión y femostrarnosnque a veces las cosas no son como parecen.

martes, 9 de xuño de 2020

Videochamada de despedida

Queridas familias: O próximo venres día 19 de xuño as dúas aulas de 3 anos temos pensado facer unha videochamada de aproximadamente media hora (de 10:00 a 10:30)para despedirnos dos peques/as e que se podan ver entre eles.
Para poder participar debedes descargar a aplicación gratuíta webex meet. Nos próximos días vos enviaremos por correo electrónico o enlace para poder acceder á conversa. É moi doado, pero se precisades axuda non dubidedes en preguntar. Vos esperamos!

domingo, 7 de xuño de 2020

Actividades para a semana do 8 ao 12 de xuño




Podedes mandar os videos ou fotos a pequesdelsalgado@gmail.com

Recordade que o mércores de 10 a 11.30 podedes pasar a recoller os materiais dos nenos/as no edificio de infantil e lembrade levar os libros e as bolsas laranxas da biblioteca. 

luns, 1 de xuño de 2020

Recollida de material

Queridas familias. O Mércores día 10 de xuño poderedes pasar a recoller o material e as mudas dos nenos/as de 3 anos en horario de 10:00 a 11:30 no edificio de infantil. Así mesmo, pedimos por favor que, aqueles que non o fixeron antes, entreguedes ese mesmo día o libro prestado da biblioteca e a bolsa laranxa no que o levaban. Deberá de vir unha soa persoa por familia cumprindo as normas indicadas polas autoridades sanitarias. Moitas grazas.