GIF

GIF

venres, 31 de maio de 2019

Injera e arepas

Con estos dous últimos pratos rematamos as comidas da carta do noso restaurante internacional, agora... As sobremesas!

Injera e mesob (prato típico etíope) 




Arepas







mércores, 29 de maio de 2019

Representamos números

Xa sabemos recoñecer e representar os números non só coa grafía e é que os números están por todas partes!












pintamos con "8 patas"

Hoxe coñecemos a Lucy, a araña que pensaba que se podía cambiar o destino e así o fixo.

 
 E nós quixemos imitala e pintar como ela, con 8 patas.Que cadros máis chulos fixemos e que difícil pintar con tantos dedos á vez!!








venres, 24 de maio de 2019

Aniversarios maio

Rematamos a semana desexándolles moitos parabéns a Mohamed, Xabi e Álex que hoxe celebraron o seu aniversario con todos/as nós.


xoves, 23 de maio de 2019

Compañía purpurina

O xoves, mentres rematábamos de merendar, tivemos unha visita moi especial. Os relacións públicas da compañía purpurina chegaron a nosa aula para convidarnos o estreo da súa ópera COIDAR TODO. Xa estamos contando os días que faltan para o gran evento, que nervios!



martes, 21 de maio de 2019

Prácticas de hostelería

O noso restaurante xa vai collendo forma. Desenvolvemos os roles de camareiro/a, cociñeiro/a, cliente e ata temos servicio a domicilio!
Canto traballiño!






Cada día incorporamos e aprendemos cousas novas e o pasamos en grande. 

xoves, 16 de maio de 2019

Letras galegas 2019

No día de hoxe celebramos o día das nosas letras por todo o alto.

Comezamos escoitando ao alumnado de  sexto que nos contou resumidamente a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Antonio Fraguas.
Seguidamente tivo lugar o certamen de poesía, no que todo infantil participamos conxuntamente coa poesía "Da horta á mesa".



Tan bén o fixemos que o equipo de biblioteca nos agasallou cun premio

Tamén se fixo entrega dos agasallos da participación no álbum bilingüe que completamos coa profe Eugenia nas clases de inglés. 


E aínda nos esperaban máis sorpresas. Os padriños e madriñas lectores!





E por último saímos ao patio a ver e bailar a muiñeira que os nenos/as de cuarto estiveron aprendendo estos días para participar nunha actividade xunto con outros centros da comarca.


Neste día tan especial non podía faltar...