GIF

GIF

xoves, 28 de febreiro de 2019

Cociñeiro, cociñeiro

O último mandadiño de Manolo converteunos en auténticos chefs.



E ademáis merendola de entroido.












mércores, 27 de febreiro de 2019

Cuarto mandadiño

O último mandadiño de Manolo para este entroido é...

E o fai moi ben acompañado polo seu amigo entroido que xa fixo acto de presenza para acompañarnos nestas datas tan festeiras.




luns, 25 de febreiro de 2019

Segundo mandadiño



Hoxe chegamos ao cole moi branquiños seguindo as indicacións de Manolo.

E mañá ademais da camiseta teremos que traer...


venres, 22 de febreiro de 2019

Cociña con sabor a Venezuela

Seguindo coa comida internacional... hoxe tocoulle a quenda a Mathías, a súa mamá Glori e a  súa irmá Salma que tamén quixo vir a axudar a preparar as arepas típicas da súa Venezuela natal.
Despois de repartirnos os delantais que fixeron especialmente para todos/as nós, e situar no mapa o seu país, nos puxemos mans á masa, nunca mellor dito, xa que nos explicaron como tiñamos que facer.




Primeiro botamos auga nun bol.


Mesturamos coa fariña



E unha pouca de sal.


Amasamos,amasamos e amasamos ata que tiñamos unha masa perfecta.










Fixemos unhas boliñas....









As aplastamos un pouquiño.



As pasamos pola prancha para que se tostaran un pouco.



E ao forno! 



E mentres se facían, nós preparamos o recheo, que nesta ocasión foi xamón e queixo, pero como nos dixeron os expertos Venezolanos poden encherse do que queiramos.





Unha vez listas as enchemos e... a comer!







Que Ben nos saíron! E estaban boísimas!

Moitas Grazas as nosas convidados por ensinarnos e axudarnos a facelas. 
Pasamos un rato moi divertido e coñecemos un pouco máis da gastronomía do mundo.