GIF

GIF

sábado, 30 de xuño de 2018

Clase de expresión oral

Este curso coa profe Sonia nos talleres de expresión oral, fixemos un montón de actividades super divertidas, aprendemos cancións e contos e sobretodo o pasamos xenial. Ollade todo o que fixemos clicando na imaxe.

luns, 18 de xuño de 2018

ANIVERSARIOS XUÑO

O venres festexamos o aniversario de Iria . Moitos parabéns !!!!! que ben o pasamos!!!


mércores, 13 de xuño de 2018

SAIDA FIN DE CURSO

Onte foi un dia moi especial para nós! mouchos e peixiños fomos ao cancelo a pasar un día xenial!! Foi a nosa primera saida de fin de curso!! Que maiores nos facemos!!!
Portámonos moi moi ben e desfrutamos moito!

Saimos do cole moi entusiasmados por ir no autobús.









Cando chegamos fomos a ver  burros , cabalos e ovellas.





Pero sen dúbida o que máis nos gustou foron as vacas e as súas crias, os tenreiros. Os máis atrevidos fomos capaces de tocalos.




























Despois vimos unha ordeñadora e onde se garda o leite.







Probamos a leite da vaca e con ela fixemos diferentes batidos, de amorodo, de plátano e de chocolate. Que ricos estaban todos!!








































Logo xantamos todos xuntos e desfrutamos de diferentes xogos,  talleres e xeados.












































  Acabamos tan cansados votamos unha cabezadiña...






  Que día máis fermoso pasamos!!!

Como xa quedan moi pouquiños días de curso , aproveito para despedirme!!!!! un pracer poder formar parte da vida dos mouchos! sen dúbida levome un moi bo recordo!! cada un deles ocupa un lugar especial e xuntos fan un grupo maravilloso  e especial!  Moitas gracias por acollerme tan ben, tanto os nenos e nenas como as súas familias e os meus compis que sen dúbida forman un gran equipo!
seguide así mouchos!!!
 unha aperta!