GIF

GIF

mércores, 31 de outubro de 2018

Samaín 2018

Tempada de meigas, pantasmas, arañas e cabazas e os mouchos non podíamos ser menos. Unha vez máis celebramos o samaín con distintas actividades.
Decoración de cabazas en familia.
















Lectura ás escuras con lanterna.


Disfraces terroríficos e decoración pantasmal.




Ollade todas as cabazas que trouxemos ao cole. Cada ano traballamos máis e mellor. Que medo! 


Aniversarios outubro

Este mes tamén estivemos de celebración. Nesta ocasión fóron Daniele, Raúl e Lola os nosos mouchos homenaxeados. Parabéns!





venres, 26 de outubro de 2018

Cóntame un conto

Como cada curso os nos@s compañeir@s de primaria veñen unha vez á semana a contarnos un conto en lingua galega que eles mesmos elixen na biblioteca. A novidade deste curso é que esta actividade farase os venres. Encántanos escoitar as aventuras e compartir este momento cos maiores.


 Ademais Güino mandou aos seus axudantes a repartir as súas maletas para que estéan en cada aula o tempo necesario para disfrutar de tódolos contos que levan.



mércores, 24 de outubro de 2018

Colar macarrónico

Para dar por terminada a nosa aventura por Roma, fixemos un colar de macarróns. Hoxe marchamos moi contentos e orgullosos do noso traballo.

  1. Coloreamos macarróns con rotulador
  2. Tinximos macarróns con colorante alimentario ( vermello e azul).  Nun prato con auga disolvemos o colorante 30 minutos e deixamos secar toda a noite
  3. Hoxe  montamos o noso colar (con agulla e lá)












Informática

Tódalas semanas en pequenos grupos imos á clase de informática, onde ademais de practicar o manexo do rato, o encendido e apagado do ordenador... aprendemos a esperar e moitas outras cousas ao mesmo tempo que nos divertimos a través dos distintos xogos temáticos tanto na pizarra como no ordenador.



venres, 19 de outubro de 2018

Dia mundial da alimentación

O pasado día 16 conmemorouse o día mundial da alimentación, e como este curso estamos a desenvolver o PDI Bo proveito...Güino e todo o seu equipo,considerou necesario preparar un estupendo cóctel de libros que expuxeron no corredor para que todos o poidesemos degustar antes de que volva para a biblioteca e pase a formar parte do emprestito diario.
Estaba "delicioso"!!