GIF

GIF

venres, 16 de marzo de 2018

ANIVERSARIOS MARZO

Hoxe celebramos o aniversario de Mathías, Xoel e Dani!! Que xa teñen 4 anos!! Que maiores! Cantamos, bailamos e comemos!!Pasámolo xenial!

Moitos Parabéns Mouchiños!!







venres, 9 de marzo de 2018

8 DE MARZO DIA DA MULLER

Celebrando o día da muller resaltamos a importancia das mulleres que traballar no mar, en concordancia co  proxecto do centro relacionado co mar.




Tamén falamos sobre a muller máis importante da nosa vida, e todos estivemos dacordo na resposta : 
A nosa MAMÁ! 💓💓💓

Tamén traballamos co conto Rosa Caramelo, no cal se trata a igualdade entre homes e  mulleres.
Non debemos esquecernos que nos máis pequenos é donde se fraguan os valores futuros.



xoves, 8 de marzo de 2018

COÑECEMOS AS ARTES DE PESCA

Onte tocounos a Mouchos e Peixiños ir a coñecer un pouquiño máis sobre o noso mar. Esta vez o destino foi o Porto, onde coñecemos diferentes artes de pesca.

Alí recibiunos Manolo, o Patrón Maior, o cal lle estamos enormemente agradecidos.
Ensinounos diferentes instrumentos para a pesca, como a Nasa, ca cal pescou algún peixe e cangrexos. Algúns tivemos algo de medo  porque corrian moito, pero os máis atrevidos foron capaces de collelos.











Manolo ensinounos tamén o trasmallo, que serve para pescar xibias. Quixemos ver como quedaban atrapadas e metemos e man a ver que pasaba!



Tamén vimos a Rañeira e unha criba, encantounos ver ese "rastrillo" tan grande.



 Vimos tamén o traxe que utilizan as mariscadoras!


E unha pesa enorme, na que quixemos ver canto pesábamos todos os mouchiños xuntos!
Adivinade canto pesamos?        300.5 kilos!!!!! 



Aínda que o tempo non nos acompañou moitom pasámolo moi ben!!!

 Esperamos ansiosos a próxima saída!!!!!!




martes, 6 de marzo de 2018

XOGO DE LETRAS

Onte no cole traballamos moito! Fixemos unha actividade que nos encantou!!
Primeiro debíamos identificar o noso nome.





Logo buscar nas pinzas as letras correspondentes ao noso nome e poñer a pinza na letra correspondente, traballando así a motricidade fina.






















Cantas letras  novas coñecemos!!😊

xoves, 1 de marzo de 2018

NADANDO SEN PARAR

LEMBRADES A MENSAXE  CON BANDEIRAS QUE NOS ENVIO GÜINO A COMEZOS DE CURSO? NELAS DESCIFRAMOS AS PALABRAS : NADANDO SEN PARAR, INDAGANDO ATOPAMOS UNHA CANCIÓN QUE NOS ENCANTOU E NON PARAMOS DE BAILAR.
O MARTES OS MOUCHOS E OS PEIXIÑOS BAILAMOS A CANCIÓN DE MAMÁ CABRA "NADANDO SEN PARAR". UNHA VEZ MÁIS O MAR FOI PROTAGONISTA.


QUE BEN O PASAMOS E QUE BEN O FIXEMOS!!