GIF

GIF

martes, 31 de marzo de 2020

Actividades de andar por casa

Seguro que na casa tedes un montón de cousas para poder facer un lote de actividades.

Clasificación por formas ou cores.




Series, emparellamentos...




Tamaños

Se facedes esta ou outras actividades que se vos ocorran podedes mandarme a foto ao correo e así as comparto no blogue para animarnos entre todos/as.

pequesdelsalgado@gmail.com

Tamén sabedes que cada mes facemos un debuxo do noso corpo co obxectivo de ver a evolución na representación do esquema corporal ao longo do curso. O do mes de marzo está sen facer, animádevos a facelo, porlle o nome sen axuda e do xeito que queirades (con letras móviles, recortadas...) e envialo. Gardadeo para poder incorporalo ao dossier individual que temos na clase.

Moitas grazas e a seguir con ánimo! 💪🌈

venres, 27 de marzo de 2020

Forzas para continuar!

Esta situación que estamos a vivir é nova para todos/as e precisamente así,xuntos,conseguiremos superalo. Dende a casa os profes vos mandamos todas as forzas e ánimos para que así sexa.Non vos esquecemos!


xoves, 26 de marzo de 2020

Manualidades

Hola familias, Como levades o encerro?xa levamos medio Camiño andado (esperemos) xa queda menos para volver á normalidade, pero mentres tanto podedes seguir pasando estos momentos en familia un pouco máis entretidos.
Vos deixo unha chea de manualidades para facer con distintos materias, malo será que algunha idea non se vos adapte.
Picade na imaxe para acceder. 
Moito ánimo! 💪


luns, 23 de marzo de 2020

Valores e psicomotricidade

A nosa profe de psicomotricidade e valores tamén quere facernos chegar as súas propostas para estos días de encerro.Contos, canción e moito movemento!Grazas Paula!

Clicade na imaxe para acceder aos diferentes recursos. 

xoves, 19 de marzo de 2020

RECURSOS PARA DÍAS DE ENCERRO

Ola familias!!
Sabemos que para algúns de vós e a vosa familia non é doado pasar estos días de suspensión de actividades.
Algúns demandades fichas para traballar cos nenos/as nestes días complicados.
Sabedes que tanto Ana coma eu defendemos unha aprendizaxe máis vivencial e manipulativa é dicir, que aprendan facendo e experimentando co seu propio corpo e os obxectos que o rodean, pero tamén entendemos que non todas as circunstancias son as idóneas, ás veces non hai materiais ou non estamos nós cos nosos pequenos/as.Por iso creamos esta carpeta para darvos material completamente voluntario.Son fichas de reforzo de conceptos básicos, a base para futuros aprendizaxes e materiais e recursos que temos na nosa aula:

-Tarxetas con fotos e nomes (Para ler e buscar)
-Letreiros cos nomes de todos os compañeiros/as
-Letras para recortar e compoñer o seu nome, os dos seus compañeiros, familiares...
-Un gráfico para anotar a climatoloxía do día e facer un reconto...
Iremos engadindo máis recursos ao  longo dos días.
Calquera dúbida contactade con nós.
O meu correo electrónico...
pequesdelsalgado@gmail.com


Esperamos que vos sexa de axuda 💪

martes, 17 de marzo de 2020

Música e contos

O próximo venres día 20 a partir das 16.45, Paco Nogueira dará un concerto a través dos directos de Instagram, unha moi boa maneira de pasar un tempiño entretidos e desconectar.

Todos a cantar, bailar e disfrutar! 

luns, 16 de marzo de 2020

Na páxina web do centro colgamos recomendacións e tarefas para facer neste días de encerro, así como distintas páxinas que ofrecen recursos para que os nenos/as poidn seguir traballando os diferentes contidos dende a casa.
Así mesmo irase poñendo a información actualizada que nos vai a chegando.
Calqueira consulta non dubidedes en preguntar. 
Para non perder o ritmo do noso proxecto aquí vos deixo unha actividade da torre de Hércules para poder coñecela sen saír da casa.

O coronavirus

Nestos días de encerro o que debemos facer(ademais de ter moita paciencia) é explicarles aos nenos/as o porqué de ter que estar metidos na casa sen poder saír.










E para explicar dun xeito moi visual e sinxelo a importancia de lavar as mans con xabrón... Aínda que xa levamos un tempo traballando o tema na clase 😔

xoves, 12 de marzo de 2020

Aviso importante

Dados os últimos acontecementos en relación ao coronavirus na nosa comunidade, a xunta suspende toda actividade lectiva dende o próximo luns día 16 durante 14 días. Mañá venres, só en casos de forzá maior, os nenos/as poderán vir ao centro.


Moito ánimo e esperemos que coa colaboración de todos esta situación se controle e remita o antes posible. 

martes, 10 de marzo de 2020

Operación polo

Seguimos investigando un pouco máis sobre o noso Pingüín Copito e coñecendo características sobre a súa especie. Aínda que non pode voar é unha ave, e como tal naceu dun ovo. Que casualidade que nas clases de 4 anos teñen un conto chulísimo sobre pingüíns que nos deixaron e contamos na clase.
Pois como os protagonistas desta historia, nós tamén quixemos ter un pitiño pero como nin somos Pingüíns nin oviparos... Tamén tivemos que adoptalos e non un, senon que temos 6! E grazas ao profe Álvaro podemos quentalos sen ter que sentarnos enriba deles como fan as aves 😅🤣menudo choio!

Tardarán aproximadamente 21 días en nacer e para que isto ocorra temos que coidalos o mellor que poidamos, movelos cada día para que non se peguen ao ovo, botarlles auga cada dous días para que manteñan a humidade e sobretodo... Non destapar a incubadora, non desenchufala e non andar tocando os ovos. 



Vaisenos facer moi longa a espera pero esperemos que mereza a pena,estamos emocionados/as! 



Contacontos

Brais Moure veu ata a nosa biblioteca para contarnos unha historia moi divertida de árbores e natureza "Un bosque na maleta"
E este ano que estamos coidando o medio máis que nunca viñéronnos xenial os seus consellos.



Cantamos, escoitamos distintos sons da natureza, aprendemos nomes de árbores da nosa contorna, respiramos aire puro e pasamos un momento moi agradable. 




venres, 6 de marzo de 2020

Día de Rosalía

Hoxe tivemos unha nova xornada de padriños e madriñas lectores e nada menos que da man de Rosalía de Castro á que estivemos coñecendo ao longo desta semana.
Fixemos unhas postais para intercambiar cos nosos padriños e madriñas, as pintamos con acuarela e coñecemos o poema parece unha rosa.

Cómo nos gustan estas xuntanzas!
Ademais todo estivo supervisado e controlado polos súper padriños e madriñas.


Visitas primaverales

Dende as clases de 3 anos, queremos convidarvos a participar na primeira edición de visitas primaverais nas que poderedes vir á nosa aula a contarnos un conto, facer algunha manualidade relacionada cos proxectos que estamos a desenvolver, facer algún experimento científico, falar os dalgún tema do que seades expertos... Pero recordade que tedes que avisar con tempo e comentar a idea que tedes. Animádevos!

Un agasallo diferente

Hoxe Manchitas trouxo unha tea moi grande, para que poderíamos empregala?
Para taparnos, para facer un paraugas, para facer unha casa ou un Castelo, para facer vestidos...

E tamén trouxo o conto un agasallo diferente no que os protagonistas cun anaco de tea fan un montón de cousas Babeiros, barcos, paracaídas...
Despois de lelo, xogamos co noso agasallo e acabamos inventando un xogo no que agarrando a tea entre dúas personas polos extremos tiñamos que pasar dun lado a outro no momento que a levantaban sen que quedar atrapados no medio. Canto nos rimos! Teremos que volver a xogar.


martes, 3 de marzo de 2020

Expresión oral e corporal

Onte descubrimos un novo xogo no que tiñamos que facer sons ou xestos segundo a tarxeta que nos saía.

Cómo o de facer xestos nos costa un pouquiño máis  decidimos que tamén podíamos dar pistas para intentar que os demais o adiviñasen.

Lleva pan, lechuga, tomate, carne y queso. 
Con estas pistas seguro que xa sabed es de qué se trata! 

Vai polo aire e fai así
É un... 

Cada vez o facemos mellor. Aumentamos o vocabulario, esforzámonos por pensar posibles pistas sen dicir directamente o que é e desenvolvemos a imaxinación ao máximo ao mesmo tempo que botamos unhas risas e o pasamos xenial.