GIF

GIF

mércores, 29 de abril de 2020

Os vermes medran

Despois dunha semana comendo follas de moreira, os vermes xa teñen un tamaño considerable para poder distinguir mellor a cabeza, o corpo e se mirades ben ata a boca! E menudos bocados pegan!


Seguiremos atentos aos seus avances.

domingo, 26 de abril de 2020

Tarefas propostas para a semana do 27 ao 30 de abril

Novas actividades para esta semana (27 ao 30 de abril). Podedes atopalas nos seguintes enlaces e na web do centro.

As tarefas de inglés se as queredes enviar deberedes facelo no seguinte meil rachelatsalgadoschool@gmail.com hai un erro no que aparece na presentación.
Galego

Castelán

E seguen a chegar fotos facendo un montón de actividades e xogos dende a casa. Que ben o estades a facer 👏👏👏👏 canto nos estades ensinando aos maiores. Moitos bicos aos meus ourizos e ánimo para todos que agora si que xa queda pouco! 💪🌈


Xa sabedes que podedes mandar as vosas fotos a pequesdelsalgado@gmail.com
Moitas grazas! 


Semana do libro

Para rematar a semana do libro... un agasallo! .
E podedes ver máis sorpresas no blogue de Toc-Tina Bíblio Toc-Tina animádevos a crear as vosas historias e ensinárnolas.

xoves, 23 de abril de 2020

Operación vermes de seda

E despois da operación polo chega... A operación vermes de seda! 🐛, unha das actividades que tiñamos pensadas facer nesta primavera. A profe Ana levounos para a súa casa para coidalos e que poidades seguir o proceso aínda que sexa na distancia, pero non vos preocupedes, o volveremos facer en vivo e directo en canto poidamos.


Pasádevos polo seu blogue picando na imaxe para poder seguir a experiencia. 

mércores, 22 de abril de 2020

Colorea o teu propio conto

Mirade que actividade máis chula para facer cos nenos/as. É un conto personalizado para colorear. Primeiro teñen que crear o seu personaxe e despois a darlle cor á historia!


Picade na imaxe para acceder á vosa aventura! E xa sabedes que se queredes mandar as actividades que estades a facer estos días... pequesdelsalgado@gmail.com 

luns, 20 de abril de 2020

Aniversarios de abril

O tempo segue a pasar, se cadra un pouco máis amodiño nestos días nos que a vida continúa aínda que non podamos saír das nosas casas.
Neste mes foron dous os compas que tiveron que celebrar o seu aniversario lonxe dos seus amigos e seres queridos, pero que saiban que todos/as nos acordamos deles nesta data tan especial.

Parabéns Xoel e Ainara.


Non perdades nunca ese sorriso tan especial e a seguir pedindo moitos desexos que seguro que pronto se vos cumplen.

Bicos a moreas!

Tarefas propostas do 20 ao 24 de abril

Aquí tedes as tarefas propostas para esta nova semana do mes de abril. Xa sabedes que os enlaces están na web do centro e neste blogue e que ademáis as podedes ver no Instagram @aprenderjugando4.


Se queredes mandar fotos ou videos dos nenos/s realizando as actividades o correo é pequesdelsalgado@gmail.com . Así de ben o fixo Martina esta semana!!!



Podedes acceder ás actividades nos seguintes enlaces.

Actividades en galego

Actividades en castelán

Toc-Tina, dende a biblioteca de centro tamén vos fai propostas súper chulas.

Picade na imaxe para acceder.



E os retos musicais os podedes ver no blogue ...

Blogue de música

Se non vos animades a participar, alomenos podedes pasar un momento agradable vendo as participacións dos demáis.

Moito ánimo!!! e grazas!!

xoves, 16 de abril de 2020

Conto Aquiles o puntiño na mesa de luz

Deixovos o conto que grabei para a actividade promovida pola biblioteca do noso centro "En abril... historias mil". Ademáis de escoitalo podedes xogar a representalo vós tamén, debuxando o que se vai dicindo e traballando deste xeito o esquema corporal.

Animádevos a participar con Toc-Tina contando vós tamén algún conto que vos guste e enviándollo a biblioteca.ceip.salgadotorres@gmail.com

martes, 14 de abril de 2020

Actividades de ciclo

Queridas familias:

Seguimos á espera de novas instrucións sobre como proceder con esta 3º avaliación que comeza hoxe. 
O equipo de educación infantil en conxunto,plantexamos unhas propostas diarias e adaptables ás idades e capacidades de cada neno/a polo que segundo o grao de dificultade se poden elexir as que máis se adapten a el/ela.



Aínda así, calquera dúbida que xurda podedes preguntar. 
Os enlaces ás tarefas publicaranse na páxina web do centro, na aplicación ABALAR e nas distintas redes sociais (este blog e instagram @aprenderjugando4 ). Son totalmente voluntarias e podedes facelas ou presentarllas aos nenos/as cando consideredes oportuno.

Xa sabedes que se agradece que nos amosedes o que están a facer para ter un seguimiento e darlle a importancia que realmente ten o seu traballo e esforzo ao facelo.
correo: pequesdelsalgado@gmail.com

Deixovos o enlace ás distintas actividades. Clicade no que vos interese. 




Actividades propostas

Martina e Nacho animáronse a facer algunhas das actividades propostas nestes días. Escribir o seu nome e facer o seu debuxo, clasificación e ata unha botella da calma que é o que máis falta nos fai nestos días.









Moitas grazas chic@s e a seguir así. 

luns, 6 de abril de 2020

Contos de polos

Nesta casa últimamente os polos convertéronse  no noso animal favorito por que será? 🤔

Así que aquí van algúns contos de galos, galiñas e polos para non perder o ritmo.


















xoves, 2 de abril de 2020

AVISO URXENTE

Vos informo que podedes consultar o boletín de notas deste trimestre e outras notificacións na aplicación ABALAR MOBIL, importante que a descarguedes para estar informados das novidades que van acontecendo. É moi sinxela de empregar.
Mandei un correo electrónico a todas as familias que non me figuran en dita aplicación pero hai outras que ninsequera teño o correo, así que vos agradecería que me enviedes a dirección á

pequesdelsalgado@gmail.com

moitas grazas

mércores, 1 de abril de 2020

A familia medra

Onte tivo lugar un acontecemento que todos esperábamos con moita ilusión, o nacemento dun dos nosos pitiños que aínda que non puidemos seguir o proceso en directo, como era a intención, intentei grabalo para que non perderades detalle.

O luns pola noite comezou a romper a cáscara. Unhas horas antes xa se sentía piar.

E pouco a pouco e con moito esforzo asomou o pico! 

















21 días controlando a temperatura, a humidade e volteando os óvos para que os polos non quedaran pegados e este é o mellor resultado posible 🐣🐥❤️


Rita xa está preparada para ir xunto cos seus irmáns e irmás.

E moi atentos porque... 

Pode que non esté sola! Un novo polo asoma 🐣

E ao final... Chegou!





Aínda non ten nome. Admítense propostas. 


Isto é un non parar! Paquita (nome proposto por David da clase de 4 anos A) e Rita vanse a converter en familia numerosa. 

Ao final naceron a metade dos pitiños, non está nada mal! 😅🐣🐥

Vos presento a Bartolo(nome propósito por Xoel) o último pitiño en nacer e por esta vez... Ata aquí os nacementos.



Rita e Paquita xa están esperando por el mentres toman o sol

Están ben cambiadas non si? 

Xa estamos todos xuntos! 
Rita, Paquita e Bartolo vos mandan saúdos e moitos ánimos para seguir aguantando así de ben como ata agora. 



E ata aquí chegou a operación polo!
Espero que vos gustará a experiencia aínda que fora na distancia.