GIF

GIF

domingo, 18 de novembro de 2018

Facemos papel

Despois de viaxar a Roma e descubrir os seus encantos, agora estamos visitando China. Un dos seus inventos máis coñecidos e importantes foi o papel así que xunto cos peixiños quixemos converternos en "inventores" e crear o noso propio papel.
Primeiro cortamos en anaquiños pequenos as follas dos xornais.




Empregamos a licuadora para desfacelos.



Metemos a masa en auga.


Axudados por un anaco de tela lle sacamos a auga co rodillo.



E só queda esperar que seque a nosa folla.

Canto traballo da o facer papel, e que ben o pasamos! 

luns, 12 de novembro de 2018

Magosto e peón 2018

Hoxe ademais de estar de celebración, tivemos unha visita sorpresa. A profe Tati chegou ao cole para presentarnos a Lucas(por fin!) e os recibimos con moita alegría e cariño. Aínda que pasou moito tempo dende a última vez que nos vimos, aínda nos acordábamos dela 😊
A mágoa foi o pouquiño tempo que pasamos xuntos, pero tiñamos que prepararnos para o magosto 🌰.
Ademais de comer as castañas(uns máis que outros)as acompañamos cun riquísimo batido de chocolate.





O de bailar o peón segue a sernos moi difícil, teremos que seguir practicando un pouquiño máis a ver se para o próximo ano o conseguimos.