GIF

GIF

martes, 31 de outubro de 2017

SAMAÍN 2017

Esta semana celebramos a festa do samaín.O luns chegamos cargadiños/as coas nosas cabazas decoradas en familia nas nosas casas.Dinosauros,mouchos,morcegos...










E o martes...disfrazados coas nosas vestimentas máis arrepiantes limos contos a escuras coa única luz das lanternas tal e como nos recomendou Güino.


Aquí vos deixamos dúas das nosas cancións favoritas para este día.



E a pasalo terroríficamente ben!!

venres, 27 de outubro de 2017

Aniversarios de outubro

Hoxe os pequenos que celebraron o seu aniversario foron Lola,Raúl e Daniele.Xa están no clube dos 3 anos!!como nos gusta compartir estes momentos tan importantes.Fixeron a coroa,pediron un desexo e sopraron as candeas antes de repartirnos un anaco de torta que estaba boíiiisima!!!
Parabéns pequerrechos!!!




Nadando sen parar

Vos acordades da mensaxe misteriosa de Güino?Xoel e a súa nai María nos adiantaban as súas pescudas nun comentario anterior,así que seguindo a súa idea buscamos esas imaxes para ver se de verdade podería ter ese significado e así foi,descubrimos a palabra NADANDO.


Pero aínda nos quedaba algo por resolver,na mensaxe nos mandaban escoitar e aprender nadando sen parar.
Puxemos no ordenador e...atopamos unha canción!!!será iso o que temos que aprender???

Protección civil

Como cada novo curso protección civil chegou o Couceiro para falarnos de como actuar en caso de emerxencia e de incendio.
Este curso tomou especial relevancia a introdución á reanimación cardiopulmonar  (RCP).
No caso do alumnado, non se trataba de que fosen capaces de realizar unha manobra de reanimación, senón de proporcionar  pequenos coñecementos coa perspectiva de lograr unha maior destreza cando sexan adolescentes ou adultos.  Cando se explica a chamada ao 112, a posición lateral de seguridade, ou as compresións torácicas estanse introducindo temas  que o alumnado comentará e amplificará na familia convertíndose  de xeito indirecto en excepcionais axentes de transformación dos adultos.
Moitas grazas a Fran e a Sara polo cariño e profesionalidade que manifestaron.





martes, 24 de outubro de 2017

Unha visita moi especial

O pasado venres na clase dos mouchos recibimos unha visita moi especial.Erea quixo presentarnos a súa irmá pequena Aine, a que quere e coida moito.Ademais de pola súa nai,tamén chegou acompañada polo irmán maior Roi.Cantas cousas aprendemos,Aine está comezando a coller cousas e como aínda non ten dentes toma leite do peito da súa mamá. Como nos gustou compartir este momento con Erea e parte da súa familia.Moitas grazas pola visita.





mércores, 18 de outubro de 2017

MENSAXE MISTERIOSA

Este Güino toleou!!!menuda mensaxe que nos fixo chegar, que significará??De momento estamos case seguros de que é un mapa do tesouro pero aínda lle teremos que dar outra volta para ver se o logramos descifrar.Alguén nos pode axudar???


martes, 17 de outubro de 2017

ALÉN DO MAR

HOXE GÜINO NOS CONVIDOU A SÚA BIBLIOTECA PARA QUE LLE AXUDÁSEMOS A INVESTIGAR ALGO.





A NOSA ENCARGADA DO DÍA, ÁFRICA, RECOLLEU A BOTELLA MISTERIOSA QUE GÜINO TIÑA PARA NÓS E A NOSA MISIÓN AGORA É A DE DESCUBRIR CAL É A MENSAXE QUE CONTÉN.


ZARPAMOS!!!

martes, 10 de outubro de 2017

MOITOS/POUCOS

HOXE TRABALLAMOS OS CONCEPTOS MOITOS E POUCOS.ALGÚN/A XA O TIÑAMOS CLARO DENDE O PRINCIPIO.

-MUCHOS ES UN MONTÓN DE NIÑOS O COSAS 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10 Y POCOS ES 1,2 O ASÍ (XOEL).
ASÍ QUE NOS PUXEMOS MANS Á OBRA E COLOCAMOS  DIFERENTES OBXECTOS NO SEU SITIO CORRESPONDENTE.CONTAMOS,CLASIFICAMOS,COMPARAMOS,XOGAMOS... O FIXEMOS TODOS/AS ESTUPENDAMENTE BEN.