GIF

GIF

venres, 28 de febreiro de 2020

Realidade aumentada e realidade virtual

Manchitas cada día nos trae unha cousa máis rara.
Hoxe chegou con algo que parecían...
Gafas de buceo, gafas de sol, gafas para ir á neve... O que tiñamos claro é que eran gafas.
As puxemos para ver se veíamos algo e... Temos moita imaxinación porque todos/as dixemos que si que víamos cousas (imposible porque estaban apagadas 😜) 





Despois a profe meteu o seu móvil e nos dixo que algo chegado dende moi lonxe viñera a visitarnos. Era Copito! Que xunto cos seus amigos e familiares nos convidou a coñecer un pouco máis o lugar onde vive. 
(Coas gafas postas vense de diferente maneira, como se estivéramos alí mesmo) 




Tanto nos gustou que queríamos velo unha e outra vez. 

E por último coloreamos a Copito e vimos como coa nosa axuda cobraba "vida" e ata nos saudaba!



O programa de realidade virtual empregado se chama 
Quiver vision e se pode descargar tanto en tablet como móvil.

Encantounos a experiencia. 

sábado, 22 de febreiro de 2020

Entroido 2020

E chegou o día que levábamos tanto tempo agardando e con el o desfile de entroido,un entroido de cine no que cada clase lucíu as mellores galas relacionadas coa película que estamos a traballar ao longo deste curso.


Os pequenos dimos a volta ao mundo dende Exipto a Italia acompañados por Phileas Foog nesta viaxe.


 




E para repoñer forzas despois de tanta viaxe en Góndola... Unha merendola propia de entroido. Grazas unha vez máis pola vosa colaboración. 



xoves, 20 de febreiro de 2020

Fin dos mandadiños

Así de guapos/as chegamos ao cole para rematar cos mandadiños e ir collendo forzas para a celebración de mañá, na que viremos disfrazados de gondoleiros/as.



Recordade qué tamén faremos unha merendola conxunta con todo o alumnado de Infantil, para a qué terán que traer algún cousa típica desta época (rosquillas, filloas, torrixas, orellas...) non moita cantidade. 

mércores, 19 de febreiro de 2020

Cuarto mandadiño

E hoxe rematan os mandadiños por este curso. Recordade que mañá...



Ademais hoxe quixemos seguir coñecendo un pouco máis sobre a cidade dos gondoleiros/as, Venecia, onde se celebra un dos entroido máis importantes e fixemos un antifaz como saído dos mellores bailes de máscaras que alí se fan. 






martes, 18 de febreiro de 2020

Ruleta das vogais

Temos un novo material no recanto de letras e biblioteca. Unha ruleta que nos vai a servir para facer un montón de actividades.

Comezamos coas vogais. Tiñamos que tirar a ruleta, identificar qué vocal nos saía e como falaba e de seguido buscar unha imaxe que comenzara por esa letra, isto último xa nos costou un pouquiño máis pero a grafía e o son os temos dominados! 


Aniversario Nacho

Celebramos un novo aniversario no cole. Hoxe Nacho compartíu con nós o seu día especial e é que non se cumpren 4 anos tódolos días!

Parabéns! 

Terceiro mandadiño








luns, 17 de febreiro de 2020

Viaxamos á Antártida

Xa hai un tempo que adoptamos a Copito e os nosos compas de 3 e 4 anos fixeron o mesmo. Así que xa temos aos catro xuntos convivindo amigablemente.

Para coñecer un pouco máis o lugar onde viven os nosos Pingüíns viaxamos ata a Antártida e fixemos o seu Minimundo no que as cores branca e azul non podían faltar.






Segundo mandadiño

Hoxe Fomos ver cal era o segundo mandadiño do meco.

Xa estamos pensando como decorar os nosos zapatos para mañá. Imaxinación ao poder! 

venres, 14 de febreiro de 2020

Saída ao Palacio da ópera

Hoxe fixemos a nosa primeira saída ao Palacio da ópera para ver o concerto De aquí para alá De Lydia Botana.


Que nerviosos/as estábamos por tantas novidades.

Tiñamos que elexir unha parella para ir no autobús.

E unha vez alí escoitamos atentos/as e cantamos todas as canción que xa nos ensinara a profe Ana.

Algún/a ata se atreveu a saír ao escenario!


Cantas cousas aprendemos, cantos instrumentos coñecemos e que ben o pasamos!  🎵🎼🎶


Ata nos metemos todos xuntos/as no ascensor! 
Foi un día moi divertido.