GIF

GIF

mércores, 25 de abril de 2018

PINTAMOS CON IOGUR

A técnica plástica que utilizamos esta semana foi pintar con iogur!! ao principio pareceunos algo moi raro... pero empezamos a experimentar.! Botámoslle colorante alimenticio de diferentes cores e este foi o resultado! Agardamos ansiosos a próxima técnica!





ANIVERSARIOS ABRIL

O luns celebramos o aniversario de Mauro, que xa se une o club dos 4 anos!!
Moitos Parabéns Mauro!!!
Que ben o pasamos!





xoves, 19 de abril de 2018

SAIDA AO GADIS

Onte tamén nos tocou facer a saída ao Gadis, onde nos ensinaron como levar unha alimentación saudable . Tamén fixemos un xogo para agrupar os alimentos na pirámide alimenticia e acertamos todos!! de deberes levamos decirlle as nosas familias cales son alimentos que debemos consumir habitualmente, esperamos que todos o fixeran ben!!😉😉😉













A NOSA NOVA MASCOTA

Onte trouxemos o cole un novo compañeiro!! Tratase da nosa mascota!!! un peixiño o que despois de moito pensalo decidimos chamar SUPER DORADO, teremos que entre todos coidalo moito, darle de comer, cambiarlle a auga...Fomentando asó o coidado polos animais e a responsabilidade nos máis cativos.
Eliximos un peixe en concordancia con P.D.I do centro que como xa sabedes é sobre o mar.
BENVIDO SUPER DORADO!!!






venres, 13 de abril de 2018

MESA DE LUZ

Onte trouxemos a aula unha mesa de luz!!! Quedamos pasmados con tanta cor e aproveitamos para traballar diferentes conceptos dunha maneira máis motivadora.
Sen dúbida volveremos a traela!!





xoves, 12 de abril de 2018

PINTAMOS CON CANICAS

Esta semana tocou pintar as cores do mar con canicas!!! unha experiencia moi divertida.

Estamos feitos uns artistas!!!






















venres, 6 de abril de 2018

TÉCNICAS PLÁSTICAS

Xa estamos de volta!!

Cada semana faremos unha técnica de expresión  plástica, para fomentar a creatividade dos mouchos. Hoxe pintamos con algodón, e este foi o resultado.   😊😊😊😊