GIF

GIF

xoves, 9 de novembro de 2017

SAIMOS NA TELE

Como xa sabedes esta semana fixemos un simulacro de evacuación,pois iso non foi todo.Ademais de bombeiros,protección civil,sanitarios...tamén nos visitou a tvg.Podedes ver que ben o fixemos no programa Galicia viva a partir do minuto 55.
Pinchade na imaxe para acceder ao enlace.


DESCUBRIMOS O PUNZÓN

Entre visitas a Güino,simulacros,investigacións e festas... tamén temos tempo de traballar e seguir descubrindo novos materiais como neste caso o punzón e a almofada.Sabemos que pincha e pode ser moi perigoso, polo que temos moito coidado co seu emprego, e tamén que se non o colocamos enriba da almofada non funciona e está moi duro!!!



Ademais como cada xoves escoitamos moi atentos o conto dos maiores "os bolechas fan magia"


mércores, 8 de novembro de 2017

Respondemos a Güino

Hoxe os mouchos lle fixemos unha nova visita a Güino,esta vez para dicirlle que desciframos a mensaxe que nos fixo chegar e que nela había agochada unha canción que xa aprendemos e nos encanta!!!

Ademais aproveitamos para presentarlles ao noso novo compi Mathias que só leva no cole un par de días e xa está super contento e adaptado.Benvido!!!!

PORTACASTAÑAS

O próximo venres 10 de novembro terá lugar a celebración do Magosto e o Peón. Como cada ano precisamos da vosa colaboración para facer o portacastañas. Moitas grazas! 

martes, 7 de novembro de 2017

Simulacro de evacuación

Hoxe no Couceiro tivo lugar un novo simulacro de evacuación no que os mouchos participamos por primeira vez,e que ben o fixemos!!! grazas ás instruccións e consellos que nos deron os nosos amigos de protección civil hai uns días.



xoves, 2 de novembro de 2017

Simulacro de evacuación

AVISO IMPORTANTE
Respondendo á necesidade de seguridade nos centros escolares, e como parte das prácticas pedagóxicas habituais neste campo, vaise realizar un simulacro de evacuación no colexio, durante a semana do 6 ao 10 de novembro.
Non se indican día nin hora exactos para non restar efectividade ao mesmo, pero informamos para evitar que cundan alarmas innecesarias ante a posible presenza de bombeiros, ambulancias, protección civil, policía, etc....

Lemos aos máis pequenos

O pasado xoves comezamos a actividade de "Lemos aos máis pequenos",na que os maiores do cole baixan ás aulas de infantil para contarnos os contos en galego que máis lles gustan.
Así de atentos/as estivemos hoxe paseando cos bolechas polas fragas do Eume.