GIF

GIF

martes, 22 de xaneiro de 2019

Visita India

A semana pasada levamos unha gran sorpresa. Estábamos ensaiando na aula de psicomotricidade e chegada dende Illa Fantasía apareceu a gran xefa India Tatanka Ská que ademais de ensinarnos o seu lunicornio e deixarnos tocar a súa capa poderosa, nos ensinou unha divertida danza.









Panel do número protagonista

Estos días incorporamos unha nova rutina na aula,o panel do número protagonista. O encargado/a do día, despois de pasar lista, contar os nenos/as que estamos e os que faltan, ver que día é, que tempo fai e en que estación estamos, escribir o seu nome e debuxarse... ten que completar este panel vendo que hai distintas formas de escribir e indicar cantidades.





venres, 18 de xaneiro de 2019

VIAXAMOS A ÁFRICA

A INFORMACIÓN DE ETIOPÍA EMPEZA A CHEGAR Á CLASE DOS MOUCHOS E GRAZAS A ISTO ESTAMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS DESTE NOVO PAÍS.


ESTÁ EN ÁFRICA, A SÚA BANDEIRA COMO XA NOS DIXERA O MOUCHIÑO VIAXEIRO É DE FRANXAS VERMELLA, AMARELA E VERDE E NO MEDIO TEN UN CÍRCULO AZUL CUNHA ESTRELA AMARELA.



UNHA DAS TRIBOS MÁIS COÑECIDA DE ETIOPÍA SON OS MURSIS MOI RECOÑECIBLES XA QUE AS MULLERES LEVAN UN PRATO NOS BEIZOS E TODOS  TEÑEN  ARMAS, SON BASTANTE AGRESIVOS E SALVAXES.


ADEMAIS PODERÍAMOS ATOPAR LEÓNS PASEANDO TRANQUILAMENTE POLA SABANA.

O DEPORTE MÁIS PRACTICADO É O ATLETISMO E ADEMAIS DE EMPREGAR AS MANS PARA COMER CULTIVAN CAFÉ.

xoves, 17 de xaneiro de 2019

Equivalencias, creación

Esta vez fomos nós os que tivemos que "construir" as equivalencias. E cada día se nos da mellor isto dos números e contar, contamos os nenos/as que estamos e faltamos ao cole. Cantos días faltan para rematar o mes, cantos estamos na fila para entrar do patio, cantos días ten a semana etc, etc.





















Contacontos

Como xa é habitual un día á semana os maiores do cole veñen a nosa clase a contarnos un conto.Este curso o día elexido foi o venres.


xoves, 10 de xaneiro de 2019

Novo destino... ETIOPÍA

Hoxe, cando chegamos ao cole, observamos que ao igual que os peixiños nós tamén tiñamos un buzón. E menuda sorpresa nos levamos cando a nosa encargada do día mirou dentro.


Unha nova postal do mouchiño viaxeiro!



Nela nos dicía que despois de visitar Pekín, marchou a un novo país e as pistas que nos deu foron que comenza pola letra E e a bandeira é de Cor  verde, amarela e vermella e ademais hai unha pequena aldea chamada Walmara. Así que con todo isto buscamos no ordenador. E descubrimos que podría tratarse de Etiopía xa que todo coincide con este lugar. 

Así que xa estamos preparados/as para coñecer moitas cousas deste novo país para contarllas ao mouchiño.