GIF

GIF

mércores, 29 de abril de 2020

Os vermes medran

Despois dunha semana comendo follas de moreira, os vermes xa teñen un tamaño considerable para poder distinguir mellor a cabeza, o corpo e se mirades ben ata a boca! E menudos bocados pegan!


Seguiremos atentos aos seus avances.

domingo, 26 de abril de 2020

Tarefas propostas para a semana do 27 ao 30 de abril

Novas actividades para esta semana (27 ao 30 de abril). Podedes atopalas nos seguintes enlaces e na web do centro.

As tarefas de inglés se as queredes enviar deberedes facelo no seguinte meil rachelatsalgadoschool@gmail.com hai un erro no que aparece na presentación.
Galego

Castelán

E seguen a chegar fotos facendo un montón de actividades e xogos dende a casa. Que ben o estades a facer 👏👏👏👏 canto nos estades ensinando aos maiores. Moitos bicos aos meus ourizos e ánimo para todos que agora si que xa queda pouco! 💪🌈


Xa sabedes que podedes mandar as vosas fotos a pequesdelsalgado@gmail.com
Moitas grazas! 


Semana do libro

Para rematar a semana do libro... un agasallo! .
E podedes ver máis sorpresas no blogue de Toc-Tina Bíblio Toc-Tina animádevos a crear as vosas historias e ensinárnolas.

xoves, 23 de abril de 2020

Operación vermes de seda

E despois da operación polo chega... A operación vermes de seda! 🐛, unha das actividades que tiñamos pensadas facer nesta primavera. A profe Ana levounos para a súa casa para coidalos e que poidades seguir o proceso aínda que sexa na distancia, pero non vos preocupedes, o volveremos facer en vivo e directo en canto poidamos.


Pasádevos polo seu blogue picando na imaxe para poder seguir a experiencia. 

mércores, 22 de abril de 2020

Colorea o teu propio conto

Mirade que actividade máis chula para facer cos nenos/as. É un conto personalizado para colorear. Primeiro teñen que crear o seu personaxe e despois a darlle cor á historia!


Picade na imaxe para acceder á vosa aventura! E xa sabedes que se queredes mandar as actividades que estades a facer estos días... pequesdelsalgado@gmail.com 

luns, 20 de abril de 2020

Aniversarios de abril

O tempo segue a pasar, se cadra un pouco máis amodiño nestos días nos que a vida continúa aínda que non podamos saír das nosas casas.
Neste mes foron dous os compas que tiveron que celebrar o seu aniversario lonxe dos seus amigos e seres queridos, pero que saiban que todos/as nos acordamos deles nesta data tan especial.

Parabéns Xoel e Ainara.


Non perdades nunca ese sorriso tan especial e a seguir pedindo moitos desexos que seguro que pronto se vos cumplen.

Bicos a moreas!

Tarefas propostas do 20 ao 24 de abril

Aquí tedes as tarefas propostas para esta nova semana do mes de abril. Xa sabedes que os enlaces están na web do centro e neste blogue e que ademáis as podedes ver no Instagram @aprenderjugando4.


Se queredes mandar fotos ou videos dos nenos/s realizando as actividades o correo é pequesdelsalgado@gmail.com . Así de ben o fixo Martina esta semana!!!



Podedes acceder ás actividades nos seguintes enlaces.

Actividades en galego

Actividades en castelán

Toc-Tina, dende a biblioteca de centro tamén vos fai propostas súper chulas.

Picade na imaxe para acceder.



E os retos musicais os podedes ver no blogue ...

Blogue de música

Se non vos animades a participar, alomenos podedes pasar un momento agradable vendo as participacións dos demáis.

Moito ánimo!!! e grazas!!