GIF

GIF

venres, 18 de novembro de 2022

Magosto 2022

 Hoxe celebramos o magosto no cole.

Aínda que moitos non as queríamos nin probar acabamos repetindo e é que facendoas un castañeiro auténtico o sabor cambia, que ricas estaban!!!















mércores, 16 de novembro de 2022

Contamos sementes

 Para rematar a nosa investigación sobre a cabaza fixemos Unha estimación de cantas sementes había dentro dela. Empregamos a táboa do 100 para axudarnos.










Finalmente sementamos unha das pipas e esperaremos a ver se conseguimos que saia.


sábado, 12 de novembro de 2022

Biscoito de cabaza

 Non podíamos estar coñecendo a cabaza en profundidade e non probar o seu sabor, e que mellor forma de facelo que cun delicioso biscoito elaborado por nós mesmos.





















Ulimos, calculamos cantidades, pesamos, mesturamos, tamizamos... E probamos!!! E non quedaron nin as faragullas o que significa que nos saíu de rechupete.