GIF

GIF

luns, 30 de xaneiro de 2023

Día da paz

 Hoxe celebramos o día da paz bailando e cantando a canción "Madre tierra" e berrando ben alto todo o que podemos facer coas nosas mans. Cousas divertidas e bonitas como abrazar, debuxar ou acariciar. 






venres, 27 de xaneiro de 2023

Paleontologos

 Hoxe nos convertimos en expertos paleontólogos e atopamos un esqueleto de espinosaurio.






















Aniversario Alejandra

 Nova celebración, esta vez tocoulle soprar a vela e pedir o seu desexo a Alejandra.

Parabéns!!!







luns, 9 de xaneiro de 2023

Aniversario Elisa

 Estreamos o ano cunha celebración máis, o aniversario de Elisa que inaugura o clube dos 6 anos.

Parabéns!!!





xoves, 22 de decembro de 2022

Fin de año 2022

 E veña Festa!! E é que despois de tanto tempo sen poder festexar en condicións,, este curso hai que recuperar o perdido. E Vaia se o fixemos!!!



Comemos gusanitos simulando as uvas das 12 badaladas de fin de ano.


Bailamos e merendamos.







E ata recibimos un premio pola nosa postal de Nadal.



Non deixedes de entrar no código QR que vai nos traballiños de aula. Esperamos que vos guste o noso agasallo, traballamos moito para facelo 





E só nos queda desexarvos a todos/as unhas felices festas e unhas boas e máis que merecidas vacacións, vémonos á volta!!!






mércores, 21 de decembro de 2022

Festival de nadal

 Hoxe por fin tivemos o festival de nadal. E xa vos aviso de que non hai elfos mais guapos ca nós. 

Nos próximos días poderes ver o ben que nos saíu a actuación.









Despois da súper actuación tiñamos que repoñer forzas cunha merendola compartida con todos os compis de infantil.







Mañá ultimo día e seguimos coa Festa!!!