Tamén terá lugar a celebración das Ollimpiadas do Campo(para anotarse http://olimpiadasdocampo.blogspot.com.es/p/edicion-2014.html).
Pero haberá unha novidade, xa que inauguraranse as olimpiadas e
a festa, co encendido do lume Olímpico(16:00H.).
Antes(de 15:00H. a
16:00H.) o facho fará cun percorrido polas rúas de Matamá, así que
convidamos aos que queiran facer un tramiño con el, que se poñan en
contacto con nós o antes que poidan(colectivomalaherba@gmail.com). Ámenizará a tarde coa súa batukada o grupo SANAMÁ.
O sábado a partir das 21
H: aprox. poderemos desfrutar do humor de Sergio Pazos, e dos concertos
de Zurrumalla e Sacha na Horta.
O domingo, pola mañá toca lambranza. As 10:30 dous carros de bois
acompañados dos grupos folclóricos "Escornabois"e
"S.C.R.D.Nautilus", sairán dos torreiros de Matamá e san Andrés de
Comesaña para chegar pouco tempo despois ao Campo que van labrar , á
beira do muíño da Regueira. Onde se fará una demostración dunha feira
tradicional e posteriormente a labranza.
Ás 14:00 H., será o xantar Popular(carne caldeiro + vaso de viño/auga 8 euros, necesaria reserva).
Ás 16:00H. chegará á Festa o grupo "Sete Cuncas" e os seus CABEZUDOS; e as 17:00 H. sementarase o MILLO.
Durante os dous días haberá diferentes actividades.
haberá obradoiros/mostras de artesáns. ademáis dos máis de 30 postos de
artesáns que se agarda, ofrezan os seus productos no mercado da Festa da
Sementeira. O domingo visitaranos cos seus cans membros do clube can
de palleiro . E ademáis, quen queira, poderá ver en funcionamento, o
muiño da Regueira. Todo isto e máis, o sábado 26 e domingo 27 de Abril
no muíño da Regueira(Matamá_Vigo).
Pregase difusión!!
Apertas!!
PINCHAR NA FOTO PARA VER A NOSA EXPERIENCIA ANOS ANTERIORES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario