GIF

GIF

venres, 20 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

No Couceiro somos taaan festeiros que non podíamos deixar de celebrar a nosa festa, a festa das nosas letras, da nosa fala.E tanto nos importa que non o fixemos un só día, senón nada máis e nada menos que tres!!
                            


O mércores e xoves as profes Ilenia e Lorena léronnos dous poemas de Manuel María, autor o que este ano lle adicamos o día das letras galegas e que xa coñecemos grazas o seu libro Soños na gaiola e a súa poesía O sol , que recitamos xa hai un tempiño.




E oxe foi o día grande, o día do festival das letras no que José Luís nos cantou outro poema acompañado da súa guitarra.
                 
   




 Os maiores do cole nos falaron da vida e obra de Manuel María.



 E deseguido tivo lugar o certame de poesía no que o alumnado de infantil fixemos un poema conxunto titulado "GALICIA". Tan ben o fixemos que Güino nos agasallou cun conto para cada clase.




Por último... recordades aquela palabra  que elexíramos como a nosa favorita do galego??
Na clase das xoaniñas a elexida fóra "ARCO DA VELLA", con todas estas palabras fixemos un libro, que soterramos na entrada do noso cole para que nunca se esquezan e que co paso dos minutos, das horas, dos días e  dos anos se recuperen e lembren.


                               

Na festa das nosas letras non podía faltar a música galega!!Iago trouxo unha pandeireta e algunha de nós tamén nos animamos a tocala.







E para rematar...festa rachada!!!





1 comentario:

  1. Vaya pandereteir@s más chulos y que bien tocan y por lo que veo lo pasaron bomba.
    Gracias Tati por seguir informamdonos de todo lo q hacen los peques porque aunque algunas veces no comentemos yo por lo menos miro siempre el blog.

    ResponderEliminar