GIF

GIF

sábado, 3 de setembro de 2016

COMEZO DO NOVO CURSO




Bo día familias:
Comezamos un novo curso, e como tódolos anos o facemos cunha breve reunión inicial(martes 6 ás 12:00) na que se presentará o novo equipo de educación infantil, entregaremos a lista de material e comunicaremos posibles cambios e novidades con respecto a cursos anteriores.


Ademais este novo curso inauguramos o PROGRAMA 'MADRUGADORES: ESPAZO DE ALMORZOS SAUDABLES'


Apertura do prazo de inscrición para os alumnos e alumnas do CEIP Couceiro Freijomil que desexen apuntarse ao programa 'Madrugadores: espazo de almorzos saudables'.
O prazo iniciou o día 1 de agosto e estenderase durante todo o mes de setembro ata cubrir as prazas dispoñibles. O trámite pode realizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello (Tlf. 981 433 288).

O programa vai dirixido ao alumnado deste centro e será realizado diariamente dende o mes de setembro de 2016 ata o mes de xuño de 2017 coincidindo co calendario escolar de 7:30 a 8:30 h.
O programa 'Madrugadores' é a resposta á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias eumesas. Consistirá nun espazo saudable e lúdico á vez no propio centro escolar para que as nenas e nenos almorcen .
Este programa aplicase durante o curso 2016-17 como experiencia piloto.

1 comentario:

  1. Moi boas! Moitas grazas pola información!
    Algún xa con ganas de empezar o curso e de ver de novo a súa profe e compis!
    Un saudo!

    ResponderEliminar