GIF

GIF

venres, 27 de outubro de 2017

Protección civil

Como cada novo curso protección civil chegou o Couceiro para falarnos de como actuar en caso de emerxencia e de incendio.
Este curso tomou especial relevancia a introdución á reanimación cardiopulmonar  (RCP).
No caso do alumnado, non se trataba de que fosen capaces de realizar unha manobra de reanimación, senón de proporcionar  pequenos coñecementos coa perspectiva de lograr unha maior destreza cando sexan adolescentes ou adultos.  Cando se explica a chamada ao 112, a posición lateral de seguridade, ou as compresións torácicas estanse introducindo temas  que o alumnado comentará e amplificará na familia convertíndose  de xeito indirecto en excepcionais axentes de transformación dos adultos.
Moitas grazas a Fran e a Sara polo cariño e profesionalidade que manifestaron.





Ningún comentario:

Publicar un comentario