Os nenos/as de 3 anos B vos damos a benvida a esta pequena fiestra onde poderes ver parte do noso traballo diario.
GIF
luns, 17 de decembro de 2018
Magdalenas de outono
Seguimos metidos de cheo na cociña e no proxecto bo proveito!. Nesta ocasión como receita do outono fixemos unhas riquísimas magdalenas con noces.
Mesturamos o azucre e os ovos. Engadimos a levadura e a fariña, medio vaso de aceite e as noces machacadas.
Xa case estamos preparados/as para facer nós as sobremesas nestas festas que se aproximan.
Seguro que estaban deliciosas. Estes mouchiños son uns cociñeiros de primeira.
ResponderEliminarUmmm que ricas!!
ResponderEliminar