Comezamos escoitando ao alumnado de sexto que nos contou resumidamente a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Antonio Fraguas.
Seguidamente tivo lugar o certamen de poesía, no que todo infantil participamos conxuntamente coa poesía "Da horta á mesa".
Tan bén o fixemos que o equipo de biblioteca nos agasallou cun premio
Tamén se fixo entrega dos agasallos da participación no álbum bilingüe que completamos coa profe Eugenia nas clases de inglés.
E aínda nos esperaban máis sorpresas. Os padriños e madriñas lectores!
E por último saímos ao patio a ver e bailar a muiñeira que os nenos/as de cuarto estiveron aprendendo estos días para participar nunha actividade xunto con outros centros da comarca.
Neste día tan especial non podía faltar...
Cantas cousas para festexar o día das nosas Letras!!👏👏👏
ResponderEliminarPois si que foi unha mañá movidiña para festexar este Gran Día!!!
ResponderEliminar