Comunicámosvos que o CEIP Salgado Torres en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña, realizará unha campaña solidaria de recollida de alimentos cos máis vulnerables da provincia de A Coruña. Esta campaña abarcará desde o martes 15 ata o luns 21 deste mes de decembro.
Nesta campaña particípase recollendo alimentos non perecedeiros como leite, galletas, cacao, café, azucre, sal, aceite, legumes, pasta, arroz ou calquera tipo de conserva en lata. Cada neno/a poderá traer a súa doazón e entregala nas caixas habilitadas na súa clase.
Grazas a tod@s pola vosa solidariedade e colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario