GIF

GIF

xoves, 16 de maio de 2019

Letras galegas 2019

No día de hoxe celebramos o día das nosas letras por todo o alto.

Comezamos escoitando ao alumnado de  sexto que nos contou resumidamente a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Antonio Fraguas.
Seguidamente tivo lugar o certamen de poesía, no que todo infantil participamos conxuntamente coa poesía "Da horta á mesa".



Tan bén o fixemos que o equipo de biblioteca nos agasallou cun premio

Tamén se fixo entrega dos agasallos da participación no álbum bilingüe que completamos coa profe Eugenia nas clases de inglés. 


E aínda nos esperaban máis sorpresas. Os padriños e madriñas lectores!





E por último saímos ao patio a ver e bailar a muiñeira que os nenos/as de cuarto estiveron aprendendo estos días para participar nunha actividade xunto con outros centros da comarca.


Neste día tan especial non podía faltar... 


luns, 13 de maio de 2019

Las tijeras de Matisse

Matisse era un artista que por encima de todo quería pintar e cando enfermou descubriu que para facelo non precisaba pinturas nin pinceis, nin sequera estar sentado.Comezou a debuxar con tesoiras tumbado na súa cama e iso foi o que fixemos os mouchos.






venres, 10 de maio de 2019

Pousa vasos

Xa temos listos as  os pousa vasos do noso restaurante. Os pintamos cada un da cor que quixemos e unha vez secos lles puxemos o logo.
Canto traballo da montar un restaurante!!!








xoves, 9 de maio de 2019

Restaurante internacional:Comida China

O seguinte  prato da nosa carta pertence a China e decidimos que o máis característico deste lugar, ademáis do arroz, son os rollitos de primavera.



Así que nos puxemos mans á masa para facelos. Ademáis pensamos e investigamos sobre qué ingredientes meterlles dentro e decidimos facelo con plasti de diferentes cores.



Amarela para o polo, laranxa para a cenoria, branca para a cebola e vermella para o pemento, e así nos quedaron.


martes, 7 de maio de 2019

A dibujar!!!

Que ben o pasamos hoxe con ¡A DIBUJAR! de Hervé Tullet.Por parellas sacamos dúas tarxetas. Unha nos dicía o que tiñamos que debuxar e a outra como facelo. No caso de que nos saíra a tarxeta de dado nos indicaba o número de veces que tiñamos que facer o debuxo e a cor do mesmo.

 
 









Que difícil debuxar cos ollos pechados!!!

Este foi o resultado.







luns, 6 de maio de 2019

Las llaves de los sueños

Hoxe, na hora do conto coñecimos unha nova historia. E dado que a varios/as de nós tamén nos ocorre que os nos soños as veces non son todo o bonitos que quixéramos... Decidimos facer unha chave para estar protexidos destes pesadelos.
Só nos queda buscar a nosa estrela e... a soñar!



venres, 3 de maio de 2019

Restaurante internacional. Comida italiana

Comezamos xa coa elaboración da carta do noso "restaurante" e o primeiro que fixemos foi a comida italiana, nesta ocasión pizza.
Por equipos decidimos os ingredientes que queríamos que levaran as nosas pizzas, todos/as estivemos dacordo en que as catro tiñan que levar tomate e queixo e a partir de ahí... Iso si, tiñan que ser todas diferentes. Tamén nos puxemos dacordo en como facer ditos ingredientes con plasti papel...


E este foi o resultado!

Moucho verde:Xamón serrano,queixo,pepperoni.

Moucho Laranxa: Xamón iork,Chourizo,aceitunas verdes.

Moucho rosa: Aceitunas negras, piña,queixo.


Moucho azul: Queixo,Xamón, aceitunas verdes.


Unha vez feitas as pizzas, completamos a primeira páxina da nosa carta.



E fixemos o forno para poder cociñar as pizzas.