GIF

GIF

venres, 4 de outubro de 2019

Outono

Xa levamos uns días falando do outono pero que mellor maneira para coñecelo que saíndo ao patio. Alí descubrimos que o ceo estaba anubrado e que facía un pouco de vento. Estábamos algo preocupados por si chovía e non podíamos sair a xogar cos demais nenos/as na hora do recreo.

Tamén vimos que o vento sopraba as follas e as levaba todas cara as beiras da pista de fútbol e decidimos que podíamos coller unhas poucas para facer algún traballiño con elas. Ao final collimos un montón! e que ruido fan cando as pisamos! ademais comprobamos que as que están no chan son todas marróns e que nas arbóres quedan algunas verdes.Que raro é este outono 🍁🍂🌾


Na clase escollimos as que mellor estaban para pegalas no mural que fixemos.



Primeiro debuxamos os troncos das árbores dende abaixo cara arriba e estirándonos todo o que podíamos porque son mooooi altas.


Despois fixemos nubes, amarelas e brancas porque "cando o sol se agocha detrás delas ás veces se ven un pouco amarelas". Cando xa estaban secas, as pegamos arriba, no ceo.






E só nos quedaba completar o mural pegando as follas que recollimos e que como estamos no outono están abaixo, tiradas no Chan, aínda que algunha resiste pendurada dalgunha póla.
Que ben nos quedou o noso primeiro traballo en equipo!

xoves, 3 de outubro de 2019

Recantos

Pouco a pouco imos aprendendo a "traballar" nos recantos.Cantos podemos estar en cada un deles, que temos que facer a actividade proposta antes de cambiar a outro,que hai que recoller antes de cambiar...

Neles facemos percorridos, clasificamos por cores ou formas, exercitamos a motricidade fina e a grafomotricidade, contamos, comparamos, aprendemos a esperar e compartir... e todo isto mentres xogamos e o pasamos ben.




martes, 1 de outubro de 2019

Coñecemos a Toc-Tina e a súa biblioteca

Hoxe saímos de visita ao cole dos máis maiores a ver se atopábamos a Biblioteca.
Polo Camiño descubrimos que hai un montón de reloxos de cores pegados polas paredes, para que serán? 🤔

Non sabíamos de que se trataba ata que chegamos á biblioteca. Nela, ademáis de milleiros de contos e libros de todo tipo coñecimos a Toc-Tina! Por fin sabíamos quen era aquel reloxo.A mascota da biblioteca! Seguro que ao longo do curso imos ter moitas noticias súas. 


Ademáis na biblioteca, aprendimos onde temos que colocar os contos despois de míralos e cales son os que poderemos levar para a casa dende a próxima semana. Lle prometemos a Toc-Tina que os saberemos coidar igual de ben que ela.

xoves, 26 de setembro de 2019

A clase dos Erizos

A clase de 3 anos B xa temos un nome, despois de pensar como nos poderíamos chamar e trala votación feita decidimos chamarnos a clase dos erizos.


O que precisábamos agora era ter unha mascota e hoxe visitounos un ourizo moi simpático pero que non tiña nome. 

Pero ter nome é moi importante porque senón... Non o poderíamos chamar. 
A Nacho ocorreuselle que o podíamos chamar Pinchos e como todos/as estivemos dacordo así se chamará. 



Benvido Pinchos! 


mércores, 25 de setembro de 2019

Primeiro aniversario do curso

Hoxe foi un día moi especial para o noso compa Jericó xa que cumplíu 3 anos, e non  quixo faltar ao cole para poder compartirlo con todos nós.
Parabéns pequerrecho! E a seguir medrando.



martes, 24 de setembro de 2019

Periodo de adaptación 2019

Xa rematamos o periodo de adaptación no que nos adentramos nun novo mundo para nós, cheíño de cambios e novidades.Para celebralo fixemos unha medalla que nos axudará a recordar que xa somos maiores!!

Nestos días coñecimos aos que van ser os nosos compas durante 3 cursos, o cole,aos profes e a nosa aula. E tamén algún dos materias que poderemos empregar.
Non foi unha etapa doada para todos/as, e as veces aínda preguntamos por as nosas familias pero seguro que ant
es do que pensamos estaremos encantados/as de vir ao cole a aprender e xogar cos amigos/as.











luns, 16 de setembro de 2019

Horario e avisos

Xa sabemos o horario que imos ter unha vez rematado o periodo de adaptación.
Os luns teremos psicomotricidade polo que ese día os nenos/as terán que vir con chándal e zapatillas de deporte para favorecer o movemento.

As merendas xa as poderán traer a partir do mércores 18 de setembro.

Moitas Grazas pola colaboración.