GIF

GIF

venres, 4 de outubro de 2019

Outono

Xa levamos uns días falando do outono pero que mellor maneira para coñecelo que saíndo ao patio. Alí descubrimos que o ceo estaba anubrado e que facía un pouco de vento. Estábamos algo preocupados por si chovía e non podíamos sair a xogar cos demais nenos/as na hora do recreo.

Tamén vimos que o vento sopraba as follas e as levaba todas cara as beiras da pista de fútbol e decidimos que podíamos coller unhas poucas para facer algún traballiño con elas. Ao final collimos un montón! e que ruido fan cando as pisamos! ademais comprobamos que as que están no chan son todas marróns e que nas arbóres quedan algunas verdes.Que raro é este outono 🍁🍂🌾


Na clase escollimos as que mellor estaban para pegalas no mural que fixemos.



Primeiro debuxamos os troncos das árbores dende abaixo cara arriba e estirándonos todo o que podíamos porque son mooooi altas.


Despois fixemos nubes, amarelas e brancas porque "cando o sol se agocha detrás delas ás veces se ven un pouco amarelas". Cando xa estaban secas, as pegamos arriba, no ceo.






E só nos quedaba completar o mural pegando as follas que recollimos e que como estamos no outono están abaixo, tiradas no Chan, aínda que algunha resiste pendurada dalgunha póla.
Que ben nos quedou o noso primeiro traballo en equipo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario