GIF

GIF

venres, 5 de febreiro de 2021

Entroido 2021. Primeiro mandadiño

A próxima semana celebraremos o entroido como xa ven sendo habitual. O meco robotizado xa fixo a súa aparición para darnos o primeiro dos seus mandadiños. Estade moi atentos/as!!! vos atrevedes a robotizarvos coma el??¿?¿?




Día da paz 2021

Este curso aínda que as celebracións non son coma sempre estamos intentando adaptarnos á situación para non deixar de disfrutalas.

Entre todo o alumnado fixemos un abecedario da paz, a nós tocounos pensar unha palabra que comezara pola letra C e a elexida foi CORAZÓN.






Ademáis escribimos mensaxes de paz que lle levamos ao robot para que os procesara. 



Fixemos mandalas para decorar o corredor.


E co profe Miguel cantamos e bailamos a danza de sementar a paz.



mércores, 23 de decembro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

Onte foi un día de moitas emocións, despois dun trimestre atípico esperábamos con moitas ganas a chegada das tan ansiadas vacacións de nadal. Recibimos a visita da carteira real, que recolleu as nosas cartas para que chegaran ao seu destino sen problema, e vimos o resultado do festival de nadal que fixemos co profe Miguel e que queremos compartir con todos/as vós. Esperamos que disfrutedes da nosa actuación. Podedes ver o festival completo na páxina web do centro.

Agora a descansar e disfrutar do tempo de nadal en familia. A clase dos erizos ao  completo esperamos que o novo ano sexa moito mellor que o que se acaba e que chegue cargadiño de moita saúde para todos/as. FELICES FESTAS.



martes, 15 de decembro de 2020

CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Comunicámosvos que o CEIP Salgado Torres en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña, realizará unha campaña solidaria de recollida de alimentos cos máis vulnerables da  provincia de A Coruña. Esta campaña abarcará desde o martes 15 ata o luns 21 deste mes de decembro.

Nesta campaña particípase recollendo alimentos non perecedeiros como leite, galletas, cacao, café, azucre, sal, aceite, legumes, pasta, arroz ou calquera tipo de conserva en lata. Cada neno/a poderá traer a súa doazón e entregala nas caixas habilitadas na súa clase.
Grazas a tod@s pola vosa solidariedade e colaboración.





RECOMENDACIÓNS DE TOC -TINA PARA O NADAL

 

Pasade polo blogue da biblioteca para máis información.





mércores, 25 de novembro de 2020

De fronte á violencia de xénero

 No salgado tamén miramos de fronte á violencia de xénero e nos unimos á campaña promovida pola deputación da Coruña, para este 25 N, con un estupendo traballo colaborativo entre a comunidade educativa, un mural que estará na entrada do centro .


 

 

Recoñecedes algunha destas olladas??
















 

xoves, 12 de novembro de 2020

Magosto 2020

 Este curso está sendo atípico en tódolos sentidos, e tamén no referente ás distintas celebracións, o que non quere dicir que deixemos de celebralas e disfrutalas. O profe Miguel preparou con tódolos nenos/as de infantil este baile outonal para o día do MAGOSTO. Ollade que ritmo temos!!