GIF

GIF

venres, 12 de abril de 2019

Lecturas ao sol

Hoxe como facía tan bo día, trasladamos a sesión de CONTACONTOS dos maiores ao patio. E así, todos xuntos disfrutamos deste momento ao sol.



E agora... a disfrutar das vacacións! Vémonos á Volta 😊

xoves, 11 de abril de 2019

Obradoiro de estimulación da linguaxe oral

Tódalas semanas temos coa profe Sonia un obradoiro de estimulación da linguaxe oral, onde a través de contos, xogos e un montón de actividades divertidas traballamos a linguaxe, os sons...
Esta semana levamos para a casa un verme moi especial.
Clicade na imaxe para saber como se fai.


venres, 5 de abril de 2019

Visitamos o IES Fragas do Eume

Xa queda pouco para que podamos montar o noso restaurante de comida internacional. E que sería dun restaurante sen camareiros/as? Así que hoxe, saímos do cole para dirixirnos ao mellor lugar para aprender este oficio,a escola de hostelería que temos moi pretiño, no IES Fragas do Eume.

 

Alí, nos recibiron futuros camareir@s dispostos a ensinarnos a poñer unha mesa en condicións.


Primeiro o muletón para non estropear o mantel, despois o mantel e o cubre mantel ou o camiño e unha vez posto isto... O Prato, as servilletas, os cubertos que non se poden levar na man, senón nunha muletilla e colocalos cada un no seu lado correspondente e por último o vaso 🍽️. E aínda que esta vez se nos esqueceu... tamén deberíamos colocar un adorno no centro. Non estaría mal, como ben dixo Víctor, volver o luns para rematar o traballo en condicións😂😂













E despois de ter xa a mesa preparada... Nos serviron chocolate, biscoito, galletas,zumes... E todo feito alí. 








Agora entenderedes porqué non merendamos ao chegar ao cole.

Tamén nos presentaron aos pasteleiros/as que os fixeron, nos ensinaron a cociña e a clase do bar,e polo camiño atopamos a algún cociñeiro moi coñecido para algún de nós 👨‍🍳

O pasamos xenial, aprendemos un montón e volvemos para o cole coas barrigas cheas, que máis se pode pedir????Milleiros de grazas a Olga e aos alumnos/as que con tanta paciencia nos ensinaron o que saben.O poremos en práctica no  noso restaurante.

xoves, 4 de abril de 2019

Aviso importante

Mañá venres os mouchos e os peixiños temos programada unha saída a escola de hostelaría. Dado que as previsións metereolóxicas non son moi favorables, recomendamos que os nenos/as veñan con chubasqueiro ou abrigo con carapucha e calzado adecuado. Esperemos non ter que cancelar a actividade 😣. Grazas e perdoade non ter avisado antes.
Agradécese a difusión deste aviso entre todas as familias das dúas clases.

luns, 1 de abril de 2019

Froita para tod@s

Seguimos traballando a alimentación saudable dentro do PDI Bo proveito, e despois do leite🥛 tócalle ás Froitas!🍊🍍🥝🍓🍒🍏
Comezamos polo plátano🍌 e a verdade é que na clase dos mouchos tivo moi boa acollida, confiemos en que co resto de froitas sexa igual 🤞





venres, 29 de marzo de 2019

Aniversarios marzo

Hoxe tivemos multi celebración, Mathías, Xoel e Dani incorpóranse ao clube dos 5 anos.
parabéns!!!



xoves, 28 de marzo de 2019

O corpo

Seguimos aprendendo cousas sobre o noso corpo.Onte co conto de Aquiles e hoxe con Xoel e a súa camiseta máxica!!!

Para elo ademáis contamos co esqueleto Manolo como axudante, que mellor que ver as cousas directamente?
Que é o esqueleto?
-Está dentro de la carne (Inés)
- Es una persona que le sacaron la piel (Diego)
-Lo mataron (Martín)
-No tiene ojos (Paula)

Para que serve o esqueleto?

-Para dar miedo (Mauro)
-Para disfrazarlo (Iria)
-Para dar sustos (Diego)
-Para saber cuantas partes tenemos (Víctor)
-Para aguantar la pìel (Xoel)
-Para andar (Raúl)
-Para que no estemos blandos (Mauro)
-Para proteger el corazón (Xabi)
-Para evitar que nos caigamos (Víctor)
-Sin esqueleto no nos podríamos agachar(Diego)

que son e para que serven os músculos?

-Lo que es fuerte (Mauro)
-Para golpear a los malos(Raúl)
-Para estar fortes (Erea)
-Para tapar lo malo (Mathías)

Onde está o cerebro e para que serve?

-Es para pensar y cuando piensas algo lo dices (Inés)
-Está en la cabeza (África)

e despois de falar sobre os ósos, músculos, cerebro, corazón,pulmóns e órganos en xeral...

Os vimos na camiseta de Xoel.



Cantas cousas aprendemos!!!!