GIF

GIF

venres, 5 de abril de 2019

Visitamos o IES Fragas do Eume

Xa queda pouco para que podamos montar o noso restaurante de comida internacional. E que sería dun restaurante sen camareiros/as? Así que hoxe, saímos do cole para dirixirnos ao mellor lugar para aprender este oficio,a escola de hostelería que temos moi pretiño, no IES Fragas do Eume.

 

Alí, nos recibiron futuros camareir@s dispostos a ensinarnos a poñer unha mesa en condicións.


Primeiro o muletón para non estropear o mantel, despois o mantel e o cubre mantel ou o camiño e unha vez posto isto... O Prato, as servilletas, os cubertos que non se poden levar na man, senón nunha muletilla e colocalos cada un no seu lado correspondente e por último o vaso 🍽️. E aínda que esta vez se nos esqueceu... tamén deberíamos colocar un adorno no centro. Non estaría mal, como ben dixo Víctor, volver o luns para rematar o traballo en condicións😂😂













E despois de ter xa a mesa preparada... Nos serviron chocolate, biscoito, galletas,zumes... E todo feito alí. 








Agora entenderedes porqué non merendamos ao chegar ao cole.

Tamén nos presentaron aos pasteleiros/as que os fixeron, nos ensinaron a cociña e a clase do bar,e polo camiño atopamos a algún cociñeiro moi coñecido para algún de nós 👨‍🍳

O pasamos xenial, aprendemos un montón e volvemos para o cole coas barrigas cheas, que máis se pode pedir????Milleiros de grazas a Olga e aos alumnos/as que con tanta paciencia nos ensinaron o que saben.O poremos en práctica no  noso restaurante.

3 comentarios:

  1. Maria Veiga Cainzos5 de abril de 2019, 21:09

    Menuda merendola!!!! El restaurante será un éxito asegurado!!

    ResponderEliminar
  2. Que bos camareiros e cociñeiros para ese restaurante 👏👏👏que ganas de probalo xa😋😋

    ResponderEliminar

  3. Estupenda saida.contentisimos e moi colaboradores se ven.��

    ResponderEliminar