GIF

GIF

martes, 10 de maio de 2016

Contacontos musical

Hoxe, ao chegar ao cole, atopámonos con unha gran sorpresa...Patricia e Alex uns contacontos moi especiais viñan a contarnos miles de historias!!!!da editorial Kalandraka. Estivemos moi ansiosos esperando a volta do recreo para poder ir á biblioteca. 


Contáronnos a historia"Despois da chuvia"que trata dun pequeno raposo, ao que todos os animais do bosque consideraban moi pequeno para darlle unha responsabilidade, ata que el demostrou que non importa ser pequeno para ter grandes ideas... lucelús para alumar as súas covas na noite! Pero, ademais, lembraron con nós un dos nosos contos favoritos... A que sabe a lúa? Unha historia de amizade na que puidemos ver que se todos os amigos traballamos xuntos e nos esforzamos podemos chegar á lúa e máis alá!


En fin... Cantamos, rimos e ata coñecemos novos e raros instrumentos: a carraca e a frauta de émbolo!!!! Que ben o pasamos! Moitas grazas, Álex e Patricia!!!
                            

1 comentario:

  1. Que atentos se ven! Así da gusto!
    Se nota que les gustó.
    Un saludo

    ResponderEliminar