GIF

GIF

mércores, 6 de febreiro de 2019

Saboreamos Angola

Hoxe foi un día moi especial e intenso. Tivemos a gran sorte de ter con nós a Dali, a nai de Daniele, que quixo compartir con nós moitas cousas do seu país, Angola, e ensinarnos un pouquiño da súa gastronomía.
Xa que estamos a traballar a comida internacional non podíamos desaproveitar a ocasión.


As pistas que tiñamos para averigüar o lugar de procedencia da nosa convidada eran que non cambiabamos de continente(o mouchiño viaxeiro està en Etiopía) e que este novo país africano comenzaba pola letra A, buscamos no mapa de Víctor e pensamos nun primero momento que podería ser Argelia, pero ao leer Angola... Daniele saltou entusiasmado dicindo que a súa mamá nacera alí, así que podería ser ela e... acertamos!


Contounos un pouco da historia de Angola, ensinounos fotos da súa cidade, Lobito, que lugar máis fermoso!


e ademais de ensinarnos, puidemos probar distintos alimentos como a yuca, a batata ou patata dulce, o plátano macho... e unha bebida feita cunha semente chamada  mukua que sae da árbore chamada imbondeiro, tamén a probamos, ten dúas veces maís calcio que o leite.  Os peixiños puxéronse as botas! aos mouchos costounos máis animarnos a probalos aínda que algun/a repetíu varias veces.












Tamén nos contou as múltiples cousas que poden facer cunha tea.Unha saia, un soporte para levar cousas na cabeza, ou para levar aos bebés...



E algunha roupa.


E finalmente.... Cociñamos! xa o estábamos desexando, nesta ocasión pasteis de nata,  os sábados os comen en tódalas casas Angoleñas, de norte a sur, e aínda que se chaman así non levan nata, que curioso.

Estiramos e enfariñamos a masa




a dobramos facendo un churro


E unha vez cortada a metemos nun recipiente facendo unha especie de cuenco.


Dali xa trouxo preparada a crema de nata da casa así que enchemos os nosos recipientes con ela e a o forno!!

Estivemos un bo rato esperando que se fixeran no forno, era moooooooi lento e cando chegou o momento de probalos.... Non nos atrevíamos así que moitos/as decidimos lévalos para casa.





Foi un día no que aprendimos moitas cousas e rematamos cansos, pero como nos gusta compartir estos momentos coas nosas familias.



Milleiros de Grazas Dali e... ata a próxima!

3 comentarios:

  1. Bravo!!! que rico estaba o pasteliño de nata, dou fe, jejeje. Grazas Dali por compartir e enseñar a os nenos e nenas as tuas raíces!!

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo con Sabela. Moitísimas grazas. África pasouse a tarde falando do que fixérades pola mañá na clase. Un superbico para a miña angoleña favorita (ainda que es a única que coñezo) :D

    ResponderEliminar
  3. Gracias daly, o pastel riquisimo e todo o que nos contou brais que aprendeu.

    ResponderEliminar