GIF

GIF

venres, 22 de febreiro de 2019

Cociña con sabor a Venezuela

Seguindo coa comida internacional... hoxe tocoulle a quenda a Mathías, a súa mamá Glori e a  súa irmá Salma que tamén quixo vir a axudar a preparar as arepas típicas da súa Venezuela natal.
Despois de repartirnos os delantais que fixeron especialmente para todos/as nós, e situar no mapa o seu país, nos puxemos mans á masa, nunca mellor dito, xa que nos explicaron como tiñamos que facer.




Primeiro botamos auga nun bol.


Mesturamos coa fariña



E unha pouca de sal.


Amasamos,amasamos e amasamos ata que tiñamos unha masa perfecta.










Fixemos unhas boliñas....









As aplastamos un pouquiño.



As pasamos pola prancha para que se tostaran un pouco.



E ao forno! 



E mentres se facían, nós preparamos o recheo, que nesta ocasión foi xamón e queixo, pero como nos dixeron os expertos Venezolanos poden encherse do que queiramos.





Unha vez listas as enchemos e... a comer!







Que Ben nos saíron! E estaban boísimas!

Moitas Grazas as nosas convidados por ensinarnos e axudarnos a facelas. 
Pasamos un rato moi divertido e coñecemos un pouco máis da gastronomía do mundo. 


1 comentario: