No día de hoxe, no cole mestúranse os olores de flores e ramas de distintas árbores, arbustos...necesarios para facer os distintos maios.Nas clases de 4 anos nesta ocasión tocáronnos as calas, e para facer a grilanda contamos coa axuda de diferentes papás e mamás.Moitas grazas pola colaboración!!
Cando o noso maio xa estaba rematado, saímos a desfilar e cantar a canción que levamos ensaiando os últimos días.
E mañá, a disfrutar do día do maio na vila!
Que chulo quedou!!
ResponderEliminar