GIF

GIF

venres, 18 de outubro de 2019

Conceptos básicos

Seguimos avanzando e traballando conceptos básicos con actividades manipulativas.

Cores.



Cuantificadores. Moitos/pouco. Ningún.



Arriba/abaixo. 



Dentro/fóra. 







Longo/curto ou alto/baixo facendo torres cos policubos. 


Exercitamos a lóxica buscando parellas de figura e sombra. 


E imaxinamos construccións e torres con materiais diversos. Menudo equilibrio! 





Tamén temos tempo para xogar na PDI e aprender a esperar a nosa quenda. 



E para coñecer e diferenciar as iniciais dos nosos nomes. 






martes, 15 de outubro de 2019

Empréstito de contos

Hoxe Comezamos cos desdobres e o empréstito de contos da biblioteca de Toc-Tina. Mentres a metade da clase quedaba coa profe Elena traballando na pizarra dixital, os outros fomos ata a Biblioteca.


Lle Prometemos coidalos moi ben, disfrutalos na casa e devolvelos no prazo acordado para que os demais nenos/as do cole os poidan disfrutar tamén e nós poidamos coller outros diferentes cada semana.
 Alí, coloreamos a Toc-Tina, eleximos o conto que queríamos levar e ollamos algún máis recordando onde colocalos unha vez que rematamos.


Ata o próximo martes!

xoves, 10 de outubro de 2019

Aniversario Javi

Javi tamén forma parte do clube dos 3 anos e o celebramos na clase xunto a el.


Parabéns!

mércores, 9 de outubro de 2019

Cores, formas e outono

Canto estamos a traballar estos días! Pouco a pouco imos collendo o ritmo e aprendendo cousas novas.

Esta semana estamos a xogar cos bloques lóxicos as súas formas e cores.



Clasificamos segundo os seus atributos no recanto de lóxica.





Tamén exercitamos a motricidade fina pegando gomets e facendoos corresponder coas cores dos puntos do papel.


Seguimos dándolle uso ás follas recollidas no patio. Nesta ocasión fixemos anacos e os pegamos no noso ourizo previamente coloreado.Non é nada doado calcular a cantidade de pegamento que precisamos para que non caían e non se nos peguen nas mans 🙈.

No recanto de letras e biblioteca seguimos facendo trazos, nesta ocasión con pedras. 



E no recanto de arte pintamos as follas dunha árbore de outono con bastoncillos e cores outonais. 










Aniversario Sofía

Hoxe tivemos unha nova celebración. Nesta ocasión tocoulle a Sofía compartir con nós o día do seu aniversario. Parabéns pequerrecha!

venres, 4 de outubro de 2019

Manchitas

Unha nova convidada chegou a nosa clase.
O fixo dentro dunha caixa que nos deu unha pista do que podría haber alí metido.

-cocodrilos! (Juan)
-mariquitas (Yanira)
-Bichos (Kilian)

Xa non aguantábamos máis, estábamos ansiosos/as por saber que había alí dentro e por fin descubrimos que Yani tiña razón, había unha xoaniña! Entre todos/as lle puxemos de nome manchitas (dásenos ben iso de chamar aos nosos convidados por alguna das súas características).


A partir de agora unha vez á semana nos visitará para que poidamos xogar a pensar con ela.
Nesta ocasión trouxo a súa caixa cheíña de cousas,non sabíamos o que era pero polo que pesaba e o son que facía ao movela... imaxinamos o que podría haber alí dentro.

-unicornios (Martina)
-erizo (Jericó)
-elefantes (Yanira).
-si son elefantes tienen que ser de juguete(Nacho)
-No caben los elefantes (Ainara)

Abrimos a caixa e de alí comenzaron a sair un montón de cousas diferentes.
-una naranja! (Yanira).
-es una pera (Noa).
-Está blandita(Nacho).
-Es dura (Enzo)
Comprobaron se era dura ou branda golpeandoa contra o chan 😅.
-Parece una calabaza (Martina)
-Es pequeña (Xoel)
-Hay otra grande (Kilian)
-No es grande (Juan)

-las castañas las comen las ardillas(Martina)
-las bellotas también las comen las ardillas (Nacho)

Despois de ver todo o qué había (noces, landras, abelás, ourizos, follas, cabazas, castañas e unha piña...)

-Son cosas del otoño! (Nacho)

Como nos gustou xogar a pensar con manchitas! Hasta la próxima! 🐞

Outono

Xa levamos uns días falando do outono pero que mellor maneira para coñecelo que saíndo ao patio. Alí descubrimos que o ceo estaba anubrado e que facía un pouco de vento. Estábamos algo preocupados por si chovía e non podíamos sair a xogar cos demais nenos/as na hora do recreo.

Tamén vimos que o vento sopraba as follas e as levaba todas cara as beiras da pista de fútbol e decidimos que podíamos coller unhas poucas para facer algún traballiño con elas. Ao final collimos un montón! e que ruido fan cando as pisamos! ademais comprobamos que as que están no chan son todas marróns e que nas arbóres quedan algunas verdes.Que raro é este outono 🍁🍂🌾


Na clase escollimos as que mellor estaban para pegalas no mural que fixemos.



Primeiro debuxamos os troncos das árbores dende abaixo cara arriba e estirándonos todo o que podíamos porque son mooooi altas.


Despois fixemos nubes, amarelas e brancas porque "cando o sol se agocha detrás delas ás veces se ven un pouco amarelas". Cando xa estaban secas, as pegamos arriba, no ceo.






E só nos quedaba completar o mural pegando as follas que recollimos e que como estamos no outono están abaixo, tiradas no Chan, aínda que algunha resiste pendurada dalgunha póla.
Que ben nos quedou o noso primeiro traballo en equipo!