Canto estamos a traballar estos días! Pouco a pouco imos collendo o ritmo e aprendendo cousas novas.
Esta semana estamos a xogar cos bloques lóxicos as súas formas e cores.
Clasificamos segundo os seus atributos no recanto de lóxica.
Tamén exercitamos a motricidade fina pegando gomets e facendoos corresponder coas cores dos puntos do papel.
Seguimos dándolle uso ás follas recollidas no patio. Nesta ocasión fixemos anacos e os pegamos no noso ourizo previamente coloreado.Non é nada doado calcular a cantidade de pegamento que precisamos para que non caían e non se nos peguen nas mans 🙈.
No recanto de letras e biblioteca seguimos facendo trazos, nesta ocasión con pedras.
E no recanto de arte pintamos as follas dunha árbore de outono con bastoncillos e cores outonais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario