GIF

GIF

xoves, 24 de outubro de 2019

A nosa inicial

Ao longo das semanas non só traballamos nos recantos, senón que tamén temos momentos de traballo de mesa individual onde exercitamos a motricidade fina,o agarre do lápis, a atención, aprendemos a estar en silencio para non molestar aos compañeiros/as,a sentarnos correctamente, a recoller e ordenar os materiais, a esperar... Esta semana, na sesión de desdobre coñecemos un material novo, o punzón ;co que hai que ter moitísimo coidado para non picarnos nin a nós nin aos nosos compas. Con el picamos a inicial do noso nome, cada vez a coñecemos máis e a a topamos en máis sitios.

Non é nada doado picar xuntiño e sen sairse da raia, hai que estar moi concentrados!


Unha vez picada a convertemos no noso corpo e só quedaba completalo con brazos, mans, pernas e pés. Pouco a pouco imos perfeccionando o debuxo do esquema corporal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario